Saltar ao contido

Un 3º posto que sabe a ouro para o Óptica Gallaecia

Desputaban esta pasada fin de semana os nosos infantís do Bm Culleredo Óptica Gallaecia a Final 4 tras unha tempada na que conseguimos ir de menos a máis, rematando cun meritorio 3º posto da Final Four e polo tanto o 5º posto da Liga Ouro.

Comezaban esta experiencia os nosos rapaces enfrontándose aos veciños do Garaysa Xiria “A”, xeración que foi campioa galega hai 2 anos e que viña de quedar 3º da categoría.

Chegaban os nosos pragados de nervios, pero co pitido inicial rápidamente se puxeron a traballar xa concentrados, impoñendo un ritmo moi alto de xogo. Era un encontro cun contínuo intercambio de golpes, respondendo a cada gol con unha rápida transición.

Os erros de lanzamento lastrábannos e permitíanlle ao Xiria irse con 8 goles de diferenza ao descanso.

Na reanudación saían os nosos cos segundos máis profundos, xerando dudas aos carballeses e conseguindo máis recuperacións de balón, conseguindo reducir en apenas 10 min a diferenza a 4 goles e con oportunidade de pornos a 3 de diferenza. O cansancio dos nosos comezou a pasarnos factura e o Xiria aproveitaba os nosos erros para poñelo 41-30 final.

O domingo era unha nova oportunidade para os nosos de amosar o progreso que estaban a ter contra un rival co que xa perderan de 9 e de 6 goles nos encontros ligueiros. Os nosos que chegaban nunha clara liña ascendente de progresión comezaron moi serios o encontro, xogando de forma ordeada no ataque posicional ante a difícil tarefa de superala 6:0 rival. A partires das transformacións dos nosos extremos conseguíamos aproveitalos espazos liberados para poder penetrar ou ben sacar proveito nas situacións de 2x2 cos nosos pivotes.

Na faceta defensiva iríamos de menos a máis no encontro, cun comezo algo dubidativo, cos segundos moi afundidos e os centrais lonxe das axudas, co que sufríamos máis nas situacións e 1x1 pola enorme diferenza física existente. Correxiríamos estas situacións co paso dos minutos e comezábamos a obrigalos a realizar pases máis longos e complicados, donde o traballo cos impares nos permitía recuperar moitos balóns e con isto levalo empate ao rematalos 50 minutos de xogo.

Tocou xogar unha dura prórroga, na que os nosos souberon mantela calma que se precisaba no comezo e sacar unha renda de 2 goles que nos permitía levarnos o encontro!

Sen dúbida temos que valorala gran tempada destos rapaces, que levan crecendo dende agosto e chegan a este momento da tempada nun moi bo momento e con un bagaxe importante adquirido. Gran tempada para un grupo que o tiña ben merecido!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *