
O pasado venres no municipal de Almeiras tivo lugar a 1° xornada da copa federación xuvenil masculina.Viviuse un derbi entre os 2 equipos xuvenís do noso clube xa que quedamos encadrados no mesmo grupo.
O comezo do encontro foi favorable para o Remax Riazor que cun ataque mais ordeado e con mayor disciplina táctica distanciaronse no marcador rapidamente.A reacción do Galaico Caravaning non tardou en aparecer e apoiados na defensa e na saida rápida ao contraataque dabanlle a volta o marcador para conseguir vantaxe de 3 goles no minuto 22 de encontro.O cambio defensivo do Remax surxiu efecto e a 5.1 provocou o atasco do Caravaning que non era quen de superar a defensa rival. Chegouse ao descanso con vantaxe para o Remax de 3 goles.
Na reanudación o Remax Riazor aumentou a vantaxe ata os 5 e 6 goles preto do minuto 10 da 2° metade. Outra vez tiña que reaccionar o Galaico Caravaning e así o fixo , recurtou a vantaxe ata os 3 goles e ainda que tivo oportunidades de poder acercarse mais no marcador , desta vez o Remax Riazor non o permitiu e soubo xogar coa renta de 3 goles ata a finalizacion do encontro.
Destacar o debut de varios xogadores cadetes nas filas do Remax Riazor e tamén o bo ambiente vivido nas bancadas de Almeiras.
BM CULLEREDO REMAX RIAZOR.28(14+14).Marco,Xoan,Hugo,Aaron,Bruno,Jorge,Jairo,Atalo,José Miguel,Adrián, Lucas,Nicolás,Teo e Hugo Bermudez.
BM CULLERDO GALAICO CARAVANING.25(11+14).Hugo Diaz,Marc,Víctor,Iago,Jairo,Lucas,Roi,Hugo Rodríguez,Antón, Anxo,Félix,Fabián,Álvaro,Pablo e Teo.
Colexiados: Andre Pena e Jorge Sanchez.
Incidencias.Derbi culleredense cun ambiente inmellorable ante un bo número de afeccionados.
