Saltar ao contido

O BAÍA EDICIÓNS SEGUE CRECENDO A NIVEL COLECTIVO

Derbi provincial para comezar a Copa Federación , as nosas xuvenís do Baia Edicións visitaban a pista do Xiria. Un encontro onde as nosas xuvenis afrontaban un encontro con diferentes baixas pero que coma estamos a ver en toda a tempada , o compromiso e actitude e intachable para este grupo de nenas que levan participando en esta categoría.

O encontro comezaba a favor das nosas xuvenís , a defensa 6:0 estaba a crear moitas problemáticas ao ataque carballés que buscaba a unha boa circulación de balón para poder finalizar nos extremos ou na zona de 6 m coa pivote.Estas accións as foron corrixindo a defensa cullerdense que lograba estar dominando o marcador . Na fase ofensiva o xogo colectivo estaba presente en todo o momento , circulación de balón rápida e velocidade no xogo , factores principais para desequilibrar a defensa local .

Con paso dos minutos o xogo foi mellorando ainda máis logrando ter ventaxas de 4-5 goles . Con esta diferencia chegaríase ao descanso . Xogo moi regular das nosas onde apenas vironse pérdidas de balón e iso e un dos factores claves que hai que ter en conta.

Resultado ao descanso: Bm Xiria 9- BM Culleredo Baía Edicións 14

Na segunda metade o equipo cullerdense comezou novamente sólido ainda que o Xiria apretou co paso dos minutos e acercouse no marcador. Momento onde as nosas no minuto 15 cambiaron o plantexamento defensivo a 5:1 onde volveron a romper o encontro con diferencias de ata 7 goles.

A solidez defensivo efectuose novamente nos minutos finais , con tan so 2 goles recibidos nos últimos 15 minutos. Situacións que son claves nos encontros . Gran nivel defensivo e sobretodo gran nivel ofensivo colectivo. Seguen aparecendo ápices de xogo colecitvo con ciruclación rápida de balón , algo que é indispensable de cara o futuro .

Resultado final: Suevia Xiria 19- BM Culleredo Baía Edicións 27

Suevia Xiria: Lucía Andrade, Elena González, Clara Graña, Noa Carracedo, Samrawit Lopez, Noa Quintela, Lidia Fraga, Irene Suarez, Julia Garcia.

BM Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Leire Barbeito, Lúa Fernández, Luana Gómez, Paula Peteiro, Carla Corral , Carla Muiño , Rosalia Veiga, Lola Romero, Irene Rodriguez, Daniela Pérez.

Parciais cada 5`: 2-2/6-4/8-7/9-7/12-8/14-9/16-11/18-14/19-16/24-17/25-19/27-19

Árbitros: Saúl Fuentrefría

Incidencias: Xornada 1 da Copa federación , disputado no pavillón Vila de Noia en Carballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *