Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR VOLVEU A COMPETIR EN OURO

O Fisioterapia Benestar non puido vencer ao un bo Meaño que soubo salientar o encontro con efectividade.

As nosas guerreiras afrontaban un encontro especial para elas, volvian a competir contra un equipo de liga ouro , as dúbidas estaban presentes , ¿Competiríase contra elas despois dun ano na liga prata?Pois así foi , as nosas sairon moi concetradas en todalas facetas. A nivel defensivo o sistema 6:0 estaba a provopcar situacións individuais e non colectivas por parte do ataque visitante e iso estaba a dar rédito a defensa cullerdense. Na fase ofensiva o xogo colectivo estaba presente , a velocidade de balón era vital para poder superar a defensa visitante .

Un cambio de sistema defensivo na metade da primeira parte por parte do Fisioterapia Benestar fixo que o equipo saira reforzado e incluso con opcións de estar por enriba no marcador pero pequenos detalles como os fallos de lanzamento claro e accións individuais do equipo rival facian que o Meaño levarase ao descanso unha ventaxa de 2 goles.

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 10 - Taberna os Arcos Meaño 12

A segunda metade non comezou ben a prol do equipo local, o atasco a nivel ofensivo nos primeiros compases foi determinante, xa que o equipo visitante puido coller unha renta de 5-6 goles que non soltaría , incluso ampliandola , pero as nosas cullerdenses non se rendirían e volver a dar un arreón final para poder apretar un pouco máis o resultado .

O Meaño levouse o encontro e o posto para a Final Four pero a actitude e forma de afrontar o encontro por parte do Fisioterapia Benestar e digna de aplaudir xa que volveuse a competir contra os mellores, e isto di moito deste equipo xa que compeitición que xoga , comeptición que compite ante calquera rival , o traballo está feito , e iso vese no xogo que amosaron este ano estas rapazas, a dificultade de contruir unha dinámica de xogo colectiva e alta, pero con estre grupo as veces parece moi sinxelo e iso só se consegue con gañas compromiso e sobretodo ilusión .

Resultado final: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 22- Bm Meaño 27

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Sara Fernández, Helena Portas, María Otero, Aitana Gestal, Noa Otón, Sofía Meijide , Alba Fernández, Rosalía Veiga, Antía Ferreño, Lola Romero, Carmela Erias, Daniela Pérez, Irene Rodriguez,

Bm Meaño: Claudia Vera, Alba Dominguez,Ainoa Alvarez, Paloma Gonzalez, Maria Beis, Aroa Miguez, Alba Peña, Raquel Muñiz, Marta Mendez,Sara Lamelas

Parciais cada 5`: 1-2/3-5/7-7/8-9/10-10/10-12/11-15/12-18/14-21/18-23/18-29/22-27

Árbitros: André Pena, y Daniel

Incidencias: Partido eliminatoria por un posto na Final Four cadete feminino ,disputado no pavillón municipal de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *