
Fin de semana intenso para os nosos, no que ademáis dos encontros de Copa, teremos aos infantís desputando a Final 4 en Lalín e ás cadetes loitando por meterse na súa Final 4 en Tarrío.
(IM) FINAL 4 INFANTIL BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA
Desputarán os nosos infantís esta fin de semana en Lalín a Final 4 da categoría, loitando por unha praza para o Campionato de España. Esta ilusionante cita para os nosos comezará coa semifinal que nos enfronta este sábado ás 12:30h aos nosos veciños de Carballo. Será esta semifinal un partido de seguro intenso e rápido coma os anteriores, máis chegan os nosos mellor a nivel defensivo, donde a capacidade de frealas situacións de 2x2, a desposesión e sobre todo o dominio das fases de transición serán as craves para poder loitar por un posto na final do domingo.
O domingo, dependendo deste primeiro resultado nas semifinais teremos como rival ou ben aos veciños do Línea 21 ou ao Teucro, todos eles equipos moi ben traballados que esixirán ao máximo aos nosos xogadores.
Toca viaxar a Lalín cheos de ilusión e coas ideas moi claras para continuar crecendo e aprendendo!
(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS TABERNA OS ARCOS ASMUBAL MEAÑO
Encontro decisivo por un posto na Final Four. A un encontro do incentivo marcado a principios de tempada polo equipo culleredense. Enfronte un equipo moi rocoso con 3 xogadoras de selección galega que este ano fixeron unha gran tempada na Liga Ouro. Todo pode pasar nun único encontro, así que o sábado en Tarrío as nosas guerreiras do Fisioterapia Benestar terán por diante un reto moi bonito e ilusionante de disputar.
(XF) SUEVIA XIRIA VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS
Retorna á competición o equipo xuvenil feminino despois da resaca de ser campionas da Liga Prata.
O rival, o Xiria de Carballo quere dar a sorpresa e poder levarse o encontro na casa para poder aspirar á Copa. As nosas buscarán o doblete, ainda que é moi difícil todo se pode facer.
(SM) BUEU ATLÉTICO BALONMÁN VS BM CULLEREDO
Importante e complicado partido a domicilio o que disputará o BM.Culleredo en Bueu este próximo Sábado. Os cullerdenses, terán a difícil tarefa de sacar algo positivo na pista dun dos equipos que mellor xogo exhiben neste grupo de primeira nacional. Será unha loita ao grande na procura de obxectivos antagonistas: os budetenses, por conseguir o segundo posto da clasificación para poder disputar a fase de ascenso e os cullerdenses, por conseguir o punto que lles fai falta para manter a categoría. O partido disputarase no pavillón Pablo Herbello ás 19:30h.
