Saltar ao contido

CAMPIONAS DE LIGA PRATA

Derradeiro encontro da liga prata cadete feminino onde o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar xogábase o titulo ligueiro fronte ao balonmán Porriño.Un duelo onde o vencedor terái dereito a disputar a eliminatoria por un posto na final four.

O encontro comezou igualado nos primeiros 10 minutos o Fisioterapia Benestar nesta ocasión propoñia unha defensa 6:0 para frear o ataque do equipo visitante, mentres o equipo visitante actuaba cunha 5:1 profunda sobre a central cullerdense.

Cun cambio de sistema na metade da primeira parte o culleredo transformou a 5:1 e cunha gran labor defensiva sumando a organización e actitude lograbase non encaixar gol durante 15 minutos .Mentres na outra área as situaciones ofensivas transformábanse en gol .

Resultado ao descanso : Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 18- Bm Porriño 8

Na segunda metade o equipo manteu o ritmo defensivo sobre todo a partires do minutos 15 que tivo outro fragmento de tempo sen encaixar gol .Grazas a isto o equipo cullerdense aumentou moito máis a ventaxa xa que o ataque estaba a seguir funcionando , a defensa de Porriño abriuse a unha dobre mixta que facilitaba o ataque cullerndese onde todalas xogadoras marcaban gol .

Moita diferencia no marcador xa nos últimos compases do encontro que depois do pitido final , o Fisioterapia Benestar celebraba a o titulo ligueiro da categoría prata. Todolos título hai que celebralos, só os que están neste tipo de partidos son os que poden celebrar estas situacións e para estar ahi hai que merecelo por méritos propios que he o que a ocurrido nesta ocasión.

Resultado final:

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 37- Bm Porriño 19

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Sara Fernández, Lola Romero, Sofía Meijide, Aitana Gestal, Claudia Soto, María Otero, Antía Ferreño, Rosalia Veiga, Irene Rodríguez, Noa Otón, Carmela Erias, Alba Fernández Y Daniela Pérez.

Balonmano Porriño A: Carol Fernández, Lorena Martínez, Noa Montero, Candela Domínguez, Daniela Rodríguez, Sofía González, Mara Curra, Olalla Santos, Noa Álvarez, Xiana Ferreira, Irene Martínez, Uxía Martínez, Daniela Fernández, Jimena Pérez, Lucía Curra, Lucía Vaz.

Parciais cada 5`: 4-3/6-6/8-6/10-6/14-6/18-8/21-10/25-14/29-15/32-15/25-15/39-19

Árbitros : Maria Astray y Daniel González

Incidencias: Xornada 6 da segunda fase da liga cadete feminina , disputado no pavillón municipal de Tarrío , en Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *