Saltar ao contido

BO PARTIDO PARA FINALIZAR A LIGA DE OURO IF

O pasado domingo o Bm Culleredo Suternor viaxaba a Carballo no que sería o último partido da Liga de Ouro Infantil feminina, e aínda que xa tiñan o terceiro posto da clasificación asegurado, amosaron un bo xogo.

O encontro iniciou cun Culleredo precipitado ante a defensa 5:1 do Xiria. Perdéronse unha serie de balóns debido a erros en pases e tomas de decisión, máis so afectou aos primeiros minutos de partido, xa que no momento no que gardaron a calma e realizaron transformacións da primeira línea, empezaron a atopar ocos e anotar.

En defensa o Sutenor saíu 3:3, o que dificultou o ataque das rivais, obrigándoas a xogar coas exteriores. A presión realizada pola primeira línea logrou finalizar esta primeira metade cunha serie de interceptacións e contra ataques.

Resultado ao descanso: Tubasys Xiria 11 - Bm Culleredo Sutenor 16.

Á volta do descanso, o Culleredo baixou o ritmo, e cunha serie de precipitacións no ataque e unha defensa sen intensidade relaxada nas axudas, o Xiria comezou a acortar distancia e aproveitar esas ocasións. Isto levou a un tempo morto, o que lles servíu as do Sutenor a volver a entrar no partido, realizando unha moi boa defensa e volvendo a xerar moitas dificultades ás rivais. En ataque a través do "pase y va" coa pivote e as penetracións polas zonas laterais e exteriores, estaban a funcionar, elevando a diferencia no marcador.

Bo partido das rapazas do Sutenor que pon fin á Liga Ouro, e a todo o esforzo dun equipo que loitou e traballou durante toda a tempada para acadar o mellor posto posible. Toca seguir traballando e preparándose para disfrutar do que queda, e dar o mellor de cada unha tanto indivual coma colectivamente no Campionato de España.

Forza Culle!

Resultado final: Tubasys Xiria 23 - Bm Culleredo Sutenor 31.

Tubasys Xiria: Sara Trigo, Lara Pensado, Carmen Fuentes, África Gómez, Abigail González, Sofía España, Paula Andrade, Alba Mourelle, Sofía Balsa, Mariana Martínez, Carla Carracedo, Lara Sande.

Bm Culleredo Sutenor: Helena Portas, Sofía Orge, Aroa Bestilleiro, Sara Villar, Alba Romero, Aldara Allegue, Elena Aneiros, Celia González, Uxía Seoane, Salma Martínez, Candela Tizón.

Árbitros: César Díaz e Renzo Díaz.

Incidencias: Xornada 18 da Liga Ouro Infantil feminina, disputada no pavillón do Ceip Fogar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *