Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSEGUE DOUS PUNTOS VITAIS NA SÚA LOITA POLA SALVACIÓN

1ª Nac Masc . Grupo A. J23. Martinpex-Campicarn Bm Porriño vs Balonman Culleredo

O BM.Culleredo, conseguíu unha vitoria vital para distanciarse un pouco máis dos postos de descenso e afrontar o tramo que queda de tempada con opcións máis claras de conseguir a ansiada permanencia na primeira nacional. Aínda haberá que loitar e sufrir moito, pero os dous puntos conseguidos no municipal do Porriño, antóllanse moi importantes e transcendentais para o devir das próximas xornadas. O BM.Culleredo comezou ben o encontro, serio e concentrado, evidenciando o moito que xogaba. Pronto se poñería por diante, aumentando as súas prestacións ata conseguir os seus mellores momentos co paso do tempo e moverse en diferenzas máximas de catro goles e ata tres opcións de aumentala a cinco. O conxunto porriñés, dando mostras do ben que compite no que esta sendo unha excelente tempada para eles, reduciría a diferenza a tres cando se chegaba ao tempo de descanso (16-19).
Este carácter competitivo do conxunto local e o seu bo facer, é o que lle levaría a poñer en serios apretos aos cullerdenses, colocando as táboas no meridiano deste segundo acto (27-27) e provocando o nerviosismo nos seguidores do equipo de Culleredo. Concentrados no seu obxectivo, o BM.Culleredo non se viría abaixo nin daría signos de dúbida ou debilidade, recuperando a vantaxe e aumentándoa no tramo final. O BM.Porriño apostaría entón por xogar sen porteiro, facendo dano á defensa cullerdense e provocando un momento de incerteza ante a proximidade do final do envite. Nestes instantes, aparecería a figura de Xoán para asinar dúas paradas cruciais, que permitían distanciarse a uns algarismos xa irrecuperables para o conxunto local e asinar esta vitoria que de momento posibilita que os de Culleredo suban un posto na táboa clasificatoria.

Martinpex-Campicarn BM. Porriño: 29 (15+14). Miguel Couñago, Iñigo Silva (5), David Moreiras, Fernando Mosquera (1), Jesús Maquieira (5), Martín Bar (6), Matías Nikitiuk, Xosé Canedo (1), José Álvarez, Martín Rodríguez (11), Guillermo Fdez (1), Pablo Álvarez, Eloy Molanes (3), Yago Raymúndez, Rubén Veiga.

BM.Culleredo: 26 (14+12). Xoán Varela (P), Jorge López (P), Mario Crecente (15), Manuel López (1), Mario Bento (1), Marcos Regueiro (4), Nicolás Pérez (1), Pedro Pereira (2), Iago Ferreiro (4), Iván Sánchez, Samuel Seijas (3), Nico Casal, Nuno Loxo (6), Darío Pérez, Adrián Díaz, Alejo Martínez.

Parciais cada 5´: 3-4 / 4-8 / 6-10 / 10-13 / 13-16 / 16-19 / Descanso / 19-20 / 22-24 / 27-27 / 29-30 / 30-33 / 33-38 / Final. 

Colexiados: Jordan Suárez e Daniel Valdés.

Incidencias: 23ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de O Porriño cunha moi boa entrada e un ambiente de balonmán espectacular por parte de ambas as afeccións.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/r4ZgpTCgHAusMHBP9

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *