Saltar ao contido

TÁBOAS NUN DERBI INTRANSCENDENTE PARA O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR

[XUV.MASC.] Montaxes Carballo Xiria - Bm. Culleredo Remax Riazor

Non era un derbi como o doutras ocasións entre estes dous grandes equipos e, por conseguinte, non tubo a tensión, a intensidade e o ritmo de confrontacións anteriores. Mentres que para os cullerdenses non había nada en xogo, xa que estes se proclamaban campións galegos facía un par de semanas, para os bergantiñáns estaba en liza a posibilidade de sumar puntos que lles axuden a clasificarse para a próxima Final Four, un evento que ten como premio unha zumarenta praza para o campionato de España. O BM.Culleredo Remax Riazor, realizaría múltiples rotacións ao longo do partido, tendo en mente xestionar os minutos daqueles xogadores que pola tarde estaban chamados a ser importantes co equipo senior e máis a facer probaturas de cara ao campionato de España. A pesar diso, o equipo non tardaría en facerse co mando no electrónico e adquirir unha vantaxe que chegaría a ser de cinco goles. O encontro non tería unha gran intensidade, nin un alto ritmo de xogo, aínda que habería algunha excepción en determinadas fases do mesmo, onde as transicións e esporádicas accións de contragol, farían a súa aparición. O BM.Culleredo Remax Riazor dominaba por 12-14 ao descanso e quedaba todo por concretar na reanudación.
Nos primeiros instantes do segundo acto, non habería cambios notorios no transcorrer do envite e os cullerdenses dominarían con diferenzas entre os dous e tres goles. O equipo local aproveitaría unha exclusión para aproximarse e conseguiría poñer as táboas cando se chegaba ao minuto doce (21-21). Os carballeses elevarían entón a intensidade das súas accións defensivas, que se evidenciaría nun maior ritmo de pernas e contundencia nos contactos. Tomando a dianteira por primeira vez no encontro e conseguindo unha máxima deferencia de tres goles, o Montaxes Carballo Xiria comezaba a crer na vitoria e a ilusionarse con dous puntos vitais para o seu obxectivo. Foi entón, xa no tramo final, cando o BM.Culleredo Remax Riazor poñería unha marcha máis, recuperando deste xeito a distancia perdida e asinando o empate definitivo nesta penúltima xornada da liga Ouro.

Montaxes Carballo Xiria: 28(12+16). Samuel Soneira (P), Antón Pardiñas (P), Simón Viña, Marcos Varela, Brais Suárez, Marcos Suárez, Nicolás Cancela, Álvaro García, Aday Gómez, Andrés Pombo, Daniel Periscal, Maxi Díaz, Jorge Rodríguez.

BM Culleredo Remax Riazor : 28 (14+14).  Hugo Diaz (P) , Marco González (P), Adrián Veira, Alejo Martínez, Atalo Bello, Josemi Martínez, Bruno Pardo, Hugo Rodríguez, Samuel Seijas, Xoán Canedo, Aarón Blanco, Iván Sánchez, Nicolás Casal, Jorge Outón, Teo López, Roi Fdez.

Parciais  cada 5 ‘: 2-4 / 5-5 / 7-8 / 7-11 / 10-12 / 12-14 / DESCANSO/ 16-16 / 18-20 / 21-22 / 23-22 / 26-25 / 28-28/ FINAL.

Colexiados : Alison Caamaño e Renzo Martín.

Incidencias: Penúltima Xornada da Liga Ouro xuvenil masculino. Encontro desputado no Vila De Noia de Carballo ante un bo número de afeccionados de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *