
O Sutenor tiña este sábado un reto moi importante, as segundas clasificadas visitaban Tarrío , en xogo a posiblidade dun subcampionato galego que no se dí todos os días.
O encontro comezaba igualado pero con moitos fallos por parte dos dous equipos, pero co paso dos minutos o Bueu comezou a dar un puntiño máis de intensidade defensiva e por mor de numerosas pérdidas de balón e contrataques do equipo visitante o marcador reflexaría unha vantaxa de ata 6 goles a prol do equpo vsitante , pero o Sutenor non se rendiría e puido acabar cun bo parcial e con boas sensaciones a primeira parte , aínda así a a ventaxa era de 5 goles o descanso , moita diferencia para arrancar a segunda metade.
Resultado ao descanso : BM Culleredo Sutenor 10- Bm Bueu 15
A segunda metade comezou de distinta maneira o Sutenor imprimiu o seu xogo , as transformacións de primeira liña ante defensa 5:1 empezaron a facer estragos a defensa visitante , e xa no minuto 10 o encontro estaba empatado . Na fase defensiva o Sutenor sufría as accións individuais do Bueu , a antropometría e a forza era un bastión para o equipo visitante que o aproveitaba e todo momento , pero O Sutenor era que de parar o ataque visitante cunha boa defensa colectiva . O mesmo ocurría na fase ofensiva , o equipo estaba a xogar colectivamente e conseguíanse boas accións de xogo para poder convertir en gol .
A falta de 5 minutos o encontro seguía empatado e inlcuso o Sutenor tiña diferentes opcións para poder estar un arriba no marcador , pero os paos , e algún error máis propiciaban que o final e nos últimos intres o Bueu conseguía o gol da victoria e non daría para máis . Unha mágoa a nivel de resultado pero unha satisfacción e alegría por ver competir o equipo dende o minuto 1 ata o 50 .
Isto é un dos factores que se busca nesta categoría poder competir os 50 minutos de encontro .
Noraboa polo encontro , queda un último encontro de liga regular pero antes hai un parón esta fin de semana . A coller forzar e terminar o campionato como se merece.
Resultado final: Bm Culleredo 29- BM Bueu 30
Bm Culleredo (10+19): Helena Portas, Candela Tizón, Aroa Bestilleiro, Aldara Allegue , Aroa Martinez, Celia González, Sara Villar, Sofía Orge, Uxía Seoane, Noa Otón, Aitana Gestal,Alba Martinez, Yasmine Gabarri
BM Bueu (15+15): Uxia Sotelo, Mara Martinez, Ainhoa Blanco, Ainhoa Piñeiro, Carlota de la Torre, Ana Marquez, Marta Chapela, Marina Méndez, Alexandra Ríos, Julia González
Parciais cada 5`: 2-3/3-5/4-9/6-12/10-15/15-19/20-20/23-23/27-27/29-30
Árbitros: André Pena y Victor Pérez
Incidencias: Xornada 17 da liga de Ouro infantil femenina disputada no pavillón municipal de Tarrío.
