
Na mañán do Domingo os nosos xuvenis de Liga Prata desprazaronse a Ribadavia para xogar a penúltima xornada de liga.
O encontro comezou cun intercambio de goles no que ningún conxunto conseguía distanciarse no electrónico. Mediado o primeiro acto e apoiados en varias boas defensas , o conxunto cullerdense collería renta de 3 goles. Nos compases finais da 1° metada 2 perdas de balón e 2 lanzamentos claros errados dende os 6 metros non permitiron abrir mais brecha no marcador e os xogadores do Carnes do Ribeiro o aproveitaron para reducir a vantaxe a 1 gol ao remate dos 30 minutos inicias.
Na 2° metada o equipo local rápidamente puxose por diante no marcador , ainda que con diferencias curtas de 1 e 2 goles que non éramos capaces de reducir.Os erros nos lanzamentos dende situacións sinxelas dende os 6 metros , contraataques e 4 lanzamentos de 7 metros errados , foron un lastre moi grande nun encontro ante un rival de bo nivel, que non desaproveitou a ocasión de facerse coa vitoria.
CARNES DO RIBEIRO .28(14+14).Raúl,Ian,Iker,Lois,Álvaro,Javier,Samuel,Anxo,Denis,David, Luis,Aitor,Marcos,Rui,Brais e Adrián.
BM .CULLEREDO GALAICO CARAVANING.26(15+11).Marc,Hugo,Jairo,Iago,Víctor,Mateo,Anxo,Félix,Lucas,Roi,Hugo,Fabián,Álvaro, Antón,Pablo e Teo.
Colexiados:Martín Rodríguez e Diego Rivera.
Incidencias: 7° Xornada da Liga prata disputada no municipal do Consello de Ribadavia.
