Saltar ao contido

UN INESTABLE FISIOTERAPIA QUE CONTINÚA NA LOITA POLO TÍTULO

O pasado sábado as rapazas do Bm Culleredo Fisioterapia Benestar viaxaban a Porriño para xogar o que sería o último encontro desta primeira volta, na loita polo primeiro posto da Liga prata.

O encontro comezaba cun Fisioterapia resolutivo e eficaz ante a defensa 5:1 das rivais. A través dunha serie de transformacións, sobre todo laterais, as do Porriño estábanse atopando con moitas dificultades nas vasculacións e axudas defensivas, o que xeraba ocos na súa defensa que non dubidaron en aproveitar as nosas rapazas.

Por outra banda, o Fisioterapia saíu cunha defensa 5:1 coa que conseguiu frenar os intentos de penetración pola zona central das rivais nun inicio, obrigándoas a finalizar nas exteriores ou dende lanzamentos menos efectivos. Mais a medida que chegabamos ao final desta primeira métade, o sistema defensivo cambiou a 6:0, xa que o Porriño comezou a facer dano coas transformacións de extremo e estaba a atopar certos espazos tras o 1x1 na zona lateral - central, logrando por intres dominar o encontro.

Resultado ao descanso: Balonmano Porriño A 16- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 20.

O inicio da segunda parte seguiu coa línea da primeira, permitíndolles ás do Fisioterapia aumentar a distancia no marcador cunha serie de accións nas zonas laterais, pero esto durou pouco, xa que as rivais comezaron a presionar, xerando varias perdidas de balón e incluso accións de pasos das nosas xogadoras. As do Porriño non dubidaron polo tanto en transformar esas recuperacións en goles e recortar distancia, apretando as do Culleredo e comezando desta forma a ter o control do encontro.

Neste intre, o Fisioterapia cometeu certos erros defensivos nas vasculacións, por falta de orde e concentración, que lles costaron o partido. Aínda así, seguiron loitando nos últimos minutos, conseguindo por primeira vez nesta segunda metade varias interceptacións e recuperacións de balón, máis non foron suficientes para levarse algún punto.

Partido inestable das rapazas do Fisioterapia Benestar, onde comezaron demostrando un bo xogo, máis os nervios e a presión nesta altura da competición pasáronlles factura. Toca seguir traballando para solventar erros e darlle a volta a este resultado, de maneira que sigan amosando que merecen o título (como veñen facendo ata agora).

Forza Culle!!

Resultado final: Balonmano Porriño A 35 - Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 34.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Sara Fernández, Lola Romero, Sofía Meijide, Aitana Gestal, Claudia Soto, María Otero, Antía Ferreño, Rosalia Veiga, Irene Rodríguez, Noa Otón, Carmela Erias, Alba Fernández.

Balonmano Porriño A: Carol Fernández, Lorena Martínez, Noa Montero, Candela Domínguez, Daniela Rodríguez, Sofía González, Mara Curra, Olalla Santos, Noa Álvarez, Xiana Ferreira, Irene Martínez, Uxía Martínez, Daniela Fernández, Jimena Pérez, Lucía Curra, Lucía Vaz.

Parciais cada 5´: 4-4/5-9/7-11/10-15/14-19/16-20//18-25/22-28/26-29/29-30/32-33/35-34.

Árbitros: Valery M. Gómez e Luis Fernández.

Incidencias: Xornada 3 da segunda fase da Liga de prata cadete feminina, disputada no Pavillón Municipal de Porriño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *