
O Canosa Abogacía xa dende o incio amosou un cambio radical respecto a encontros anteriores, primeiro plasmouse parte do modelo de xogo ofensivo , e isto facíase efectivo a hora de derribar o muro lalinense. O xogo ofensivo estaba a ser correcto , o xogo colectivo estaba presente e o equipo o estaba a disfrutar . Por parte da fase defensiva o equipo nun 6:0 provocaba pérdidas de balón ao equipo local ou lanzamentos dende 9 metros que eran parados por Helena ou íabn directamente a fora.
O Canosa Abogacía dominaba a un bó rival , con ventaxas de 3 e 4 goles. Regularidade, intensidade o equipo estaba a responder cunha boa actitude. Chegaríase ao descanso cun Abogacia Canosa pletórico,
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 16- Bm Lalín 11
A segunda metade estivo moito máis igualada e pese a manter certa diferencia no marcador ata mediados da segunda metade o equipo visitante apretou e conseguiu empatar e poñerse por diante . Momento no que o Canosa Abogacía non baixou os brazos e seguiu pelexando a todos os niveis. O encontro estaba ao limite , unha pequena acción positiva determinaría o encontro . Pero tanto o equipo local coma o visitante non foron capaces de convertir as últimas accións en gol e o encontro acadou en empate .
Bó encontro e boa cara das xogadoras do Canosa Abogacía que fixeron un encontro moi regular e un encontro esperado por moitos. A afección divertiuse , animou e disfrutou dun gran encontro de base .
Resultado final: Bm Culleredo Canosa Abogacia 28 - BM Lalin Deza B 28
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Helena Portas, Cintia Miguez, Eva Outón, Luana Gómez, Antía García , Celia González, Aldara Piñeiro, Claudia, Alba Sanmartín, Sara Villar, Thais Villaverde, Daniela Pérez, Adriana Vázquez
Árbitros: Iago Allegue y Daniel González
Incidencias: Xornada 3 da segunda fase da liga de prata cadete feminina disputado no pavillón municipal de Almeiras, pola loita do posto 9-12.
