Saltar ao contido

O RITMO FRENÉTICO DO REMAX RIAZOR IMPÓNSE EN REDONDELA

O vixente campión visitaba ao último clasificado na Bombonera de Redondela, un encontro que a priori xa non tiña historia e ainda máis cando o Remax Riazor saiu a pista moi concienciado do ritmo que tiña que levar . Un alto nivel defensivo e un rápido contrataque tanto na primeira oleada coma na segunda oleada facía que o encontro no minuto 15 rompiase con diferencias de 12 -15 goles a prol do equipo cullerdense.

A defensa 6:0 estaba a frear a embestidas de 1x1 do equipo local, a robustez no centro da defensa estaba a ser unha das chaves do equipo visitante que logo no xogo estático na fase ofensiva , domninaba a defensa local a base de xogo colectivo a moita velocidade . A diferencia xa era demasiado grande pero o Remax Riazor seguía o seu camiño cun ritmo moi alto.

Resultado ao descanso: Sar Nosatún 14- Bm Culleredo Remax Riazor 28

Na segunda metade o equipo local cambiaba a defensa a 5:1 e os nosos con moito espacio seguían a amosar un bó xogo colectivo que castigaba duramente a defensa do equipo local que non era capaz de frear o ataque cullerdense. Tamén o Remax Riazor cambiou o planteamento defensivo para impoñer a defensa 5:1 que daría moitos qubradeiros de cabeza ao ataque local .

A diferencia era moi abrumadora , xa non había encontro aínda así o Remax Riazor non parou o ritmo , os encontros xoganse ata o pitido final e iso hai q demostralo en todos os encontros.

Norabao pola victoria.

Resultado final: Sar Nosatún 26- BM Culleredo Remax Riazor 52

Sar Nosatún: Miguel Vidal, Iago Carballo, Anxo Figueroa, Jose Ramon González, Pedro Ferreras, Pablo González,Daniel Rafael, Iker Grandal, Samuel Alvarez, Breogan Fanginas, Guillermo lagos.

BM Culleredo Remax Riazor: Marco González, Iago Bolaños, Alejo Martinez, Adrián Vieira, Aaron Blanco, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Jose Miguel Martinez, Bruno Pardo, Jorge Outón , Atalo Bello y Nicolás Casal.

Parciales cada 5`:2-7/6-12/10-18/12-21/14-26/17-28/20-38/22-42/25-45/25-48/26-52

Árbitros: Juan Lampón

Incidencias:Xornada 16 da liga de Ouro xuvenil masculino , disputado na Bombonera en Redondela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *