
Partido determinante no último tramo de competición ligueira onde as nosasa miniguerreiras do Sutenor enfrontábanse ante o Bm Lalín , terceiras e cuartas respectivamente na clasificación.
Comezaba o encontro cun pequeno dominio do equipo cullerdense , provocando lanzamento dende zonas pouco efectivas ou provocando pérdidas de balón ao equipo rival . Isto o Sutenor o aporveitaba para poder ter unha renta de 3-4 goles e así poder dominar o encontro . O Lalín pasou dunha defensa 3:3 a unha 5:1 onde creo por momentos pequenas problemáticas en ataque . Ainda asi chegaríase ao descanso con ventaxa de 4 goles.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Sutenor 14- Bm Lalín 10.
Na segunda metade o encontro tivo nos primeiros minutos a mesma tónica da primeira. pero a partires do minutos 15 todo se axustou , o erros na fase ofensiva comenzaron a lastrar ao equipo , fallos de lanzamento , pérdidas de balón e na fase defensiva o Lalín estaba a crear moitos problemas , ata incluso poñerse un gol enriba . Pero a malos momentos xurden os bós tamén e o equipo sacou toda a súa forza para poder darlle de novo a volta o encontro , e cun gol arriba e posesion a falta de 30 segundos o equipo tivo a firmeza de xogar colectivamente e poder cerrar o encontro cun gol que a pesares de que o Lalín volvía a marcar o encontro xa estaba cerrado e o Sutenor obtería unha importante victoría que dáballe asegurar o terceiro posto na liga de Ouro e a falta de confirmación pero con moitas papeletas o equipo clasificase para xogar por segundo ano consecutivo un Campionato de España que dise moi fácil pero é tan compricado chegar que hai que felicitar o esforzo o compromiso a actitude e moitos máis valores e factores que tivo este equipoe estivo traballando neles durante moito tempo.
Noraboa ¡¡
Resultado o final do encontro: Bm Culleredo Sutenor 26- Upi Informática Lalin 25
Bm Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Aora Bestilleiro,, Noa Otón , Aitana Gestal, Celia Gonzalez, Sara Villar, Sofía Orge y Uxía Seoane, Candela Tizón,Salma Martinez.
Upi informática Bm Lalín: Claudia Munin, Alba Valladares, Lía Souto, Candela Gutierrez, Alba Cagide, Marina Couto, Daniela Gonzalez, Martina Granja, Martina Wolfswinkel, Eva Taboada.
Parciais cada 5`: 2-2/4-3/7-5/12-8/14-10/16-14/19-17/22-21/23-23/26-25
Árbitro: Iago Allegue y Daniel González
Incidencias: Xornada 16 da liga de ouro infantil femenina disputada no pavillón municipal de Almeiras
