Saltar ao contido

A MADUREZ DA CITA A UN ÚLTIMO PASO PARA SER CAMPIÓN

Penúltimo encontro das nosas xuvenis no que só valía obter unha victoria para poder seguir tendo posibilidades e poder obtar no último encontro a ser campión da liga prata .

O Baía Edicións viaxaba a Redondela para xogar ante un bó equipo , un equipo moi regular que sabe a que xoga. Pero as nosas tamén saben a que xogan e saben como pelexar un encontro durante os 60 minutos. Xa dende o inicio o Baía Edicións mandou no marcador , primeiro a nivel defensivo onde en 20 minutos tan só se habian recibido 6 goles a defensa 6:0 estaba a crear moitos problemas ao ataque local que estaba a ter moitas pérdidas de balón , isto o aproveitaba o equipò cullerdense para ter ventaxas de 2-3 goles pero o equipo local apretaría o ritmo de xogo e xonseguiría empatar no último treito da primeira parte.

Resultado ao descanso: Sar Bluewenables 12- Bm Culleredo Baía Edicións 12

Na segunda metade e con todo por xogar e decidir , o Baía Edicións conseguía volver a poñerse enriba do marcador , con ventaxa de 2-3 goles. O equiop local cambiaba a defensa 5:1 e as nosas comenzaban a xogar colectivamente mediante transformacións de primeira liña e iniciando xogo mediante pase e vai. Os procedimentos ofensivos complexos pero acompañados de inicios simples. Isto e a intensidade defensiva dos últimos 10 minutos foron a chave do encontro . Para máis ainda resolveuse con efectividade as últimas accións ofensivas para poder terminalo encontro con tranquilidade.

Queda un paso , queda un encontro , unha final .... 60 minutos para poder ser campionas de liga prata , todo pode pasar sobretodo ante un rival que foi o único que conseguiu gañar a este equipo nos últimos meses. Toca seguir traballando como se está a facer e acoller este encontro con moita ilusión.

Resultado ao final do encontro: Sar Bluewenables 21- Bm Culleredo Baía Edicións 26

Sar Bluewenables :Uxía Bouzón, Carlota Mo, Mireia Yoiza, Maria Rafael, Alejandra Lorenzo, Leire Gonzalez, Alba Sampil , Paula Ayude, Celia Couñago.

Bm Culleredo Baía Edicións : Aroa García, Sara Fernández, Lúa Fernandez, Leire Martinez, Paula Peteiro, Carla Corral, Carla Muiño, Eva Outón, Aldara Piñeiro, Luana Gómez y Daniela Pérez.

Parciais cada 5`:1-2/2-5/4-7/6-8/8-9/12-12/12-13/13-16/16-18/18-21/19-23/21-26

Árbtiro: Juan Lampón

Incidencias: Xornada 5 da segunda fase da liga prata xuvenil femenina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *