Saltar ao contido

OS ERROS DE LANZAMENTO NO TRAMO FINAL, IMPIDEN AO BM.CULLEREDO SACAR UN RESULTADO POSITIVO

(SM) BM Culleredo - Balonmano Reconquista de Vigo

O BM.Culleredo, desperdiciou unha clara oportunidade de sumar algún punto no seu enfrontamento ante o BM.Reconquista de Vigo e ampliar así a diferenza cos postos de descenso. Os cullerdenses, que estiveron erráticos na retagarda no primeiro tempo encaixando dezaoito goles, remontaron os catro en contra do descanso para poñerse por diante e ter serias opcións de puntuar. Por contra e de forma antagonista á melloría defensiva neste segundo acto, Os erros de lanzamento ante a portería contraria, especialmente nos últimos minutos, terminarían por frear as posibilidades de que os cullerdenses sumasen dous importantes puntos.

BM.Culleredo: 28 (14+14). Jorge López (P), Xoán Varela (P), Mario Crecente (7), Manuel López (1), Alejandro Gómez (7), Nico Pérez (1), Nico Casal, Pedro Pereira (1), Daniel González (1), Iago Ferreiro (4), Iván Sánchez (1), Marco García, Samuel Seijas (1), Nuno Loxo (2), Darío Pérez (2), Adrián Díaz.

BM. Reconquista De Vigo: 33 (18+15). Yeray Simes, Pablo González, Iago Vidal (6), José Camiña (3), Alejandro Gómez (2), Javier Freijeiro (5), Sergio Altirribia (1), Pablo Garrido, Pablo González, Iago Rivas (2), Roberto Castro (5), Anxo Fontán (2), Agustín Franco (1), Ignacio Costas (6), Aarón Rodríguez.

Parciais cada 5´: 2-3 / 6-5 / 7-9 / 11-11 / 13-15 / 14-18 / Descanso / 18-20 / 20-21 / 21-21 / 23-24 / 25-27 / 28-33 / Final. 

Colexiados: Marcos Pérez e Pablo Barreiro.

Incidencias: 22ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío cun centenar de espectadores nas bancadas.

Fotos Do encontro:

https://photos.app.goo.gl/bwpH1TekcM3PeYSy6

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *