Saltar ao contido

Vitoria importante do Salume Cocinas

O Bm Culleredo Salume Cocinas continúa en racha de resultados unha xornada máis. Os nosos cadetes de 1º ano sumaron esta fin de semana 2 novoso puntos, o que fai que nesta 2ª volta da Liga Prata cadete conten os partidos por vitorias. A pesares de que teñamos momentos malos, os rapaces do Salume Cocinas están a amosar que saben competir e que queren loitar ata o final pola difícil tarefa de ser campións deste grupo norte.

Esta pasada fin de semana, fronte ao CP Lucense, comezaron os nosos amosando un bo nivel defensivo, eso sí, con erros individuais pero que se vían solucionados co traballo colectivo na cadea de axudas. Na fase ofensiva faltáballes aos nosos moito ritmo, habendo un excesivo número de botes en cada ataque. A pesares de todo os nosos estaban a ser efectivos, mandando en todo momento no marcador con diferenzas de ata 3 goles, malia que antes do descanso a piques estivo de reducirse a diferenza en 3 erros de bulto dos nosos nos que aparecía o noso porteiro.

Reanudábamos o encontro con 3 goles de vantaxe e cambiando da 5:1 proposta no 1º tempo e coa que comezábamos a sufrir, a unha 6:0 na que o traballo tanto de presión par como impar dos nosos segundos sería crave para frealas acometidas dos lucenses.

Á solidez defensiva dos nosos habería que sumarlle que agora sí había un maior ritmo de xogo en ataque, conseguindo máis situacións claras de gol.

Con todo chegábamos aos derradeiros 5 min con 7 goles de vantaxe e unha defensa 3:3 moi presionante dos visitantes que trataban de reducir distancias. Non terían problemas os nosos, acostumados a estas defensas e manterían esa diferenza de 7 goles para rematalo encontro co 39:32 final.

Encontro de menos a máis dos nosos que continúan a crecer e competir a un bo nivel!

Bm Culleredo Salume Cocinas: 39 (19+20) Mateo, Hugo, Iago, Mauro, Antón, Isaac, Teo, Jacobo, Alex, Martín, Iván, Guillermo e Javier.

Bm Chapela 2: 32 (16+16) Daniel, Lucas, Miguel, Álvaro, Héctor, Martín, Adrián, Alejandro, David, Petrisor, Víctor, Brayan, Martín, André.

Árbitros: Jorge Sánchez e Uxía Mariño.

Incidencias: Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Prata cadete masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *