Saltar ao contido

Empate e grazas

Encontro de vital importancia para as aspiracións do equipo cullerdense,que querían aproveitar o pinchazo do  líder para achegarse na táboa clasificatoria.

O partido comezou co noso equipo moi decoñecido na faceta defensiva onde se atopaba superado en accións sinxelas de 1x1 dos xogadores da S.D Teucro.O ataque Cullerdense amosaba unha versión lenta e apática con moitas perdas e lanzamemtos moi precipitados.O equipo pontevedés aproveitouno e dominou durante os primeiros 30 minutos de maneira clara e levou a vantaxa os 4 goles ao remate do 1° tempo.

Na 2° metade chegou a reacción dos xogadores do Galaico Caravaning que con moito oficio deronlle a volta  o resultado o conseguirían  vantaxe de 1 gol a falta de 6 minutos. Unha exclusión a falta de 4 minutos foi aproveitada polo conxunto local para lograr un parcial de 3-0 e poñerse 22-20 a falta de tan so 2 minutos.Os nosos xuvenís  nun último esforzo e con 2 acción rapidas conseguirían o empate. 

Un empate que sabe a pouco,pero que temos que valorar como bo xa que durante case todo o encontro estivemos perdendo.

S.D TEUCRO UIE-22(14+8).Xabier,Hugo,José Antonio,Iam,Rodrigo,Iker,Jorge,Hugo,Manuel,Mateo,Martín,Anxo,Daniel e Pablo.

BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING-22(10+12).Hugo,Marc,Iago,Jairo,Mateo,Víctor,Lucas,Pablo,Teo,Anton,Anxo,Hugo ,Roi,Fabián, Félix, e Álvaro.

Colexiados:Julio Villanueva e Marcos Fernández. 

Incidencias:5 ° xornada da 2° fase da Liga Prata disputada no multiusos da Xunqueira ante un bo número de afeccionados locais e visitantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *