Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO COMPLETA UN GRAN PARTIDO E CONSEGUE DOUS IMPORTANTES PUNTOS ANTE O BM.SAEPLAST CAÑIZA

(SM) BM Culleredo - Balonmán Saeplast Cañiza

O BM.Culleredo, ofreceu aos seus seguidores un partido serio e completo o pasado sábado e conseguíu de forma moi fiable e merecida dous importantes puntos no seu obxectivo por eludir os postos de descenso no grupo A de a primeira nacional. Con esta vitoria, os cullerdenses soben un posto na táboa clasificatoria e deixa por baixo a tres rivais directos, distanciándose tres puntos do descenso, que actualmente pecha o BM.Tacoronte, co que ademáis ten o golaverage gañado.

Os xogadores do BM.Culleredo saíron moi centrados no labor, sabedores que para eles tratábase dunha final. Os primeiros compases foron unha alternancia de golpes entre dous conxuntos que loitaban por impoñer o seu xogo e adiantarse no marcador, privilexio que gañaría o equipo local co paso dos minutos, expoñendo un balonmán atractivo e dinámico. Cunha retagarda funcionando a gran nivel en colaboración coa portería, o BM.Culleredo chegaba ao termo dos primeiros minutos dominando por un esperanzador 13-10. No segundo acto, os cullerdenses sairían concienciados para que o envite non se lles escapase e poñerían unha marcha máis para conseguir un fantástico parcial gañador de 10-3 que deixaba o camiño expedito cando se chegaba ao meridiano (23-13). Non faltaría ese momento de baixón que podería facer aparecer algúns temores (27-20), pero a reacción dun conxunto serio e concentrado non se faría esperar para poñer de novo unha diferenza a favor que xa sería insalvable para o conxunto visitante. Dous importantes puntos e unha diferenza que ademais deixa un golaverage favorable ante o conxunto da Cañiza (32-21), abre un novo camiño, optimista e ilusionante, ante as próximas confrontacións do BM.Culleredo.

Lamentar a luxación do dedo meñique da mano direita de Nuno Loxo, aínda que parece vaíse quedar simplemente nun susto e o xogador poderá participar nos seguintes partidos a medida que a inflamación e a dor remita.

BM.Culleredo: 32 (13+19). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Manuel López (2), Alejandro Gómez (4), Nico Pérez, Marcos Regueiro (1), Daniel González (5), Pedro Pereira (4), Iago Ferreiro (5), Iván Sánchez (3), Samuel Seijas (3), Marco García, Alejo Martínez (1), Nuno Loxo, Nico Casal, Adrián Díaz (4).

BM. Saeplast Cañiza: 21 (10+11). Xosé Mª González, Juan Fernando Florentín, Daniel Lusquiños, Jesús Veiga, Thiago José Teixeira (2), Manuel Alejandro Gómez (6), Alejandro López (4), Pedro Oliveira, Alex Rey (1), Marcos López, Alberto Hernández, Rubén López (2), Jorge Martínez, Ismael Gómez (1), Javier Bernárdez (3), Jesús Rivera (2).

Parciais cada 5´: 1-1 / 4-1 / 6-5 / 9-7 / 11-8 / 13-10 / Descanso / 17-12 / 20-12 / 23-13 / 26-17 / 28-20 / 32-21 / Final. 

Colexiados: Pablo Castellanos e Santiago Piñera.

Incidencias: 21ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío con moi boa afluencia público.

Fotos Do encontro:

https://photos.app.goo.gl/Rjnqtbtbu7Xod5oM7

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *