Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO DE FORMA BRILLANTE

(XM) Bm Culleredo Remax Riazor - Embutidos Lalinense

Os xogadores do BM.Culleredo Remax Riazor, non desaproveitaron a primeira oportunidade que tiveron para proclamarse Campións Galegos da categoría xuvenil e derrotaron con solvencia o pasado sábado ao segundo clasificado, o Embutidos Lalinense, para cantar de forma brillante o alirón a falta de tres xornadas para a finalización do campionato regular. Os cullerdenses, que en 15 xornadas aínda non coñecen a derrota, asinan desta maneira unha actuación brillante nesta tempada e propóñense xa obxectivos ambiciosos para o próximo campionato de España.
No referente ao encontro ante o conxunto dezán, o BM.Culleredo Remax Riazor mostrouse moi superior en todas as fases do xogo, tendo en conta que os de Lalín non puideron ofrecer a súa mellor versión polas importantes baixas no lateral esquerdo da súa primeira liña. Sen Impoñer o seu 100%, os locais foron madurando o encontro aos poucos e xa no descanso dominaban por unha cómoda diferenza (17-10). Na segunda parte, acabarían por romper definitivamente o partido, abrindo brecha grazas á boa defensa e a saída en velocidade. A posibilidade de realizar rotacións, terminaría por definir a superioridade dos de Culleredo ante a fatiga dos xogadores do Embutidos Lalinense.

Embutidos Lalinense BM.Lalín: 24 (10+14). Luis Martínez, Borja García, Luis Rozas, Iago Alexandre Cuiña, Martín Vázquez, Carmelo Couso, Xoel Rodríguez, Diego Vázquez, Adrián Hermida, Gabriel Pérez, Adrián Nogueira, Miguel Ramos.

BM.Culleredo Remax Riazor: 38 (17+21). Hugo García (P), Marco González (P), Bruno Pardo, Aarón Blanco, Alejo Martínez, Xoán Canedo, Nicolás Casal, Atalo Bello, Josemi Martínez, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Jorge Outón, Adrián Veira.

Parciais cada 5´: 3-2 / 5-4 / 9-6 / 13-9 / 15-10 / 17-10 / Descanso / 20-12 / 23-15 / 29-18 / 31-21 / 35-22 / 38-24 / Final. 

Colexiados: Jorge Sánchez e Uxía Mariño.

Incidencias: Encontro correspondente á 15ª xornada daLiga Ouro xuvenil disputado no pavillón de Almeiras. Moitos seguidores: pais, nais, familiares e amigos, estaban presentes ante a posibilidade de ver como o Remax Riazor se proclamaba Campión Galego.

Fotos Do Encontro:

https://photos.app.goo.gl/XHpxPJr7xhgm7CCz5

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *