
O Baía Edicións retornaba a Almeiras para enfrontarse ao BM Moaña , o ultimos clasificado do grupo .
O encontro empezaba moi encarrilado para as nosas, goles sencillos ante a defensa 6:0 do equipo visitante e pola parte local a defensa 5:1 que estaba a ter moitas recuperacións de balón.
Isto daba un gran ventaxa no electrónico . Esta vez o equipo cullerdense propoñia un xogo máis parado e estático o que daba pé a obsevar situacións tácticas a nivel ofensivo . Atascouse o ataque e o Moaña despertou para recortar parte da desventaxa.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Baía Edicións 18- Bm Moaña 11
A segunda metade estivo moi competida o equiop visitante non se deu por vencido e pese a ter un renta moi baixa deu un nivel alto e un carácter competitivo moi bó. A diferencia era xa moi alta e o ataque local sufría unha defensa mixta que realmente beneficiaba ao equipo local xa que o crearse máis espacio o equipo estaba a lograr situacións de gol para finalizar o encontro cun resultado moi claro para o equipo local ,
Resultado final: BM Culleredo Baía Edicións 37- BM Moaña 25
Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Sara Fernandez, Leire Barbeito, Lúa Fernandez, Paula Peteiro, Antía Ferreño, Carla Corral, Carla Muiño, , Irene Rodriguez,Claudia Soto, Lola Romero, Rosalia Veiga.
Bm Moaña:Noelia Campo, Eva Abraldes,Vega Justo, Claudia Rodriguez, Irene Maqueira, Alba Otero, Julia Sanclemente, Aisha Juncal, Ada Fabeiro, Ines Suarez, Rocío Nuñez.
Parciais cada 5`: 5-2/7-3/11-3/13-7/16-10/18-11/19-12/20-12/23-15/27-18/32-23/37-25
Árbitros: André Pena
Incidencias: Xornada 4 da segunda fase da liga cadete feminina prata polo posto 1-4.
