
Partido moi importante nesta segunda fase pola loito polo titulo ligueiro da liga prata. O Fisioterapia Benestar recibía as Choqueiras de Redondela que viñan de gañar en Porriño.
O encontro comnezaba favorable para o equipo visitante pero con certa igualdade en aspectos xerais . Pouco a pouco o equipo cullerdense foise mentendo no encontro . A defensa 5:1 proposta polo equipo local para parar o 1x1 da central visitante estaba a crear boas situacións pero aínda así estaba a crear moitas inseguridades defensivas. Na metade da primeira parte o equipo poñiase arriba no marcador e non o soltaría ata chegar o descanso . As situacións de circulación de balón de cara os extremos estaba a ser resolutiva para poder solucionar a defensa 6:0 do equipo de Redondela.
Resultado ao descanos: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 16- Choqueiras de Redondela 14.
Na segunda metade houbo certa igualdade nos primeiros 10 minutos pero logo un gran parcial rompia o encontro a favor do equipo local , que por mor de fallos de lanzamento e mala xestión do ataque a distancia viase reducida. Aínda así no último treito de encontro o ritmo alto continuou e o equipo rival non soubo competir os minutos finais onde obtivose unha gran ventaxa no marcador que significará máis que dous puntos para o partido de volta.
Noraboa polo encontro , hai que ir pasiño a pasiño e sempre con humildade.
Resultado final: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 34- Choqueiras de Redondela 26
Parciais cada 5`: 1-3/6-7/9-9/13-10/16-14/28-24/29-26/34-26/
Árbitros: Uxía y Jorge.
Incidencias: Xornada 2 da segunda fase da liga cadete feminina , disputado no pavillón municipal de Almeiras en Culleredo.
