Saltar ao contido

UN CANOSA ABOGACÍA COMPETITIVO CAE DERROTADO ANTE O RASOEIRO

Novo encotro para as cadetes do Canosa Abogacía que viaxaban para enfrontarse ao Rasoeiro no Grove .A primeira parte estivo igualada no primeiro tramo de encontro , onde os dous equipos amosaban o seu potencial defensivo , o Rasoeiro cunha defensa 3:3 moi pechada e o Canosa Abogacía cun sistema 5:1 profundo. O encontro empezou a ter dominio local a partires do minuto 15 , onde o Rasoeiro estivo maís acertado a todos o niveis e colleu unha renta de 4 goles. O Abogacia Canosa non era capaz de superar a defensa 3:3 , e logo de realizar diferentes trocos o equipo comezou a responder e a crear boas situacións de xogo sen balón. Ainda así a nivel defensivo se estaba a sufrir e o equipo non era capaz de empatar o encontro.

Resultado ao descanso: BM Rasoeiro 16- BM Culleredo Canosa Abogacía 12

Na segunda metade o equipo cullerdense pegou un cambio radical nos primeiros 15 minutos onde logrou empatar o encontro a base de recuperacións de balón e un ataque elaborado e colectivo .

Un gran esforzo para poder empatar o encontro e volver a empezar para tratar de levarse o dous puntos, pero o equipo local deu outro arreón e conseguía de novo ter unha ventaxa de 3 goles que non soltaría ata o pitido final .

Bó encontro das nosas rapazas onde aínda queda moito que entender e moito apredizaxe que absorver.

Resultado final: Bm Rasoeiro: 31- Bm Culleredo Abogacía Canosa 27

BM Rasoeiro:Amara Lopez, Norah Gondar, Ainhoa Gondar, Xulia Costas, Carmen Montes, Leticia Lorenzo, Ivana García, Lara Riveiro, Sara Alvarez, Mar Gonzalez.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Helena Portas Cintia Miguez, Antía García, Daniela Perez, Martina Arroyo, Sara Villar, Luana Gomez, Eva Outón , Aldara Piñerio, Alba Fernández,Simona Seo, Celia González, Thais Villaverde.

Parciais cada 5`: 4-3/6-5/9-5/7-11/10-13/12-16/16-19/19-20/24-24/25-28/27-30/27-31

Árbitros: Zaira Otero, Joaquín Oubiña

Incidencias: Xornada dous da segunda fase cadete feminina prata polo posto 9-12.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *