Saltar ao contido

VICTORIA ANTE O CISNE E A POR TODAS NA RECTA FINAL

As nosas infantís do Sutenor vixaban a Pontevedra para xogar ante o BM Cisne , un encontro que dende o princpio as nosas dominaron sobre todo a nivel defensivo. As interceptacións e desposesións foron continuas nesta primeira metade grazas a organización e concentración na defensa 3:3 .

Na fase ofensiva o equipo estivo correcto , buscando situacións colectivas e situacións de lanzamento dende os extremos , ampliar o campo e aproveitar todos os espacios foi vital para poder abrir a defensa.

Resultado ao descanso : Bm Cisne 7 - Bm Culleredo Sutenor 14

Na segunda metade o equipo baixou o nivel defensivo , as transformacións de primeira liña estaban a superar a defensa cullerdense que en caso de emerxencia aparecia Helena Portas na porterias para deter o balón. Isto daba moita seguridade ao equipo para atacar. Estivo correcto o Sutenor para atacar a defensa 5:1 , atacando os espacios para poder dar continuidade ao xogo , e poder superar a defensa 5:1 do equipo local . Certos erros de lanzamento o precipitacións facia que o Sutenor perdera certos balóns e o Cisne recortara a distancia no marcador pero o resultado non peligraba .

Partido correcto das nosas que siguen na loita pola tercera praza, só quedan 3 encontros da liga regular e na próxima xornada xogaran o terceiro e cuarto clasificado. Prométese un gran encontro para disfrutar .Noraboa pola victoria , hai que continuar entrenado así para poder chegar o obxetivo .

Resultado final: bm Cisne 18 - Bm Culleredo 24

Bm Cisne:Ines Casal, Paula Lago, Lucia Garcia, Irene Gay, Sophie Rodriguez, Carla de Sola, Valeira Regueira, Carmen Picallo, Catalina Mata, Lucia Monteagudo.

Árbitros: Alberto Rodriguez

BM Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Aldara Allegue, Aroa Bestillerio, Aora Martinez, Sofía Orge, Candela Tizón,Noa Otón, Celia González, Sara Villar, Aitana Gestal , Salma Martinez, y Yasmin Gabarri.

Incidencias: Xornada 15 da liga de Ouro infantil feminina disputado no pavillón municipal de deportes de Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *