Saltar ao contido

Previa da xornada

Xornada de descanso para parte dos nosos equipos, pero que ven cargada de bos encontros no momento decisivo da tempada.

(IF) CLUB CISNE ONMA ARQUITECTURA VS BM CULLEREDO SUTENOR

Nova xornada para as infantís que visitan ao filial do Cisne. O Sutenor está a adestrar moi intensamente sempre e poñendo en valor o modelo de xogo. Despois da vitoria en Almeiras a semana pasada, o equipo quere enlazar dúas vitorias seguidas para seguir nos postos altos da táboa.

(CF) EL ASEGURADO ENTERADO RASOEIRO BM VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

As nosas cadetes do Abogacía Canosa queren redimirse da derrota en Almeiras o fin de semana pasado. Nesta ocasión visitarán ao equipo do Grove para poder obter unha vitoria e seguir con folgos ata final da segunda fase.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS AS CHOQUEIRAS TECH CLIMA

Segundo encontro da segunda fase e as nosas cadetes do Fisioterapia Benestar reciben ao equipo de Redondela, campión do seu grupo na primeira fase. Xa son partidos de ti a ti onde calquera cousa pode pasar. Toca seguir con máxima concentración e intesidade para poder afrontar de maneira efectiva estos encontros.

(CM) BM CULLEREDO SALUME COCINAS VS MILLAVÉN CP LUCENSE

O Salume Cocinas recibe en Almeiras a un dos candidatos ao título ligueiro, o CP Lucense, equipo que conseguía gañarnos no encontro de ida. Chega a esta cita o Salume Cocinas nun bo momento e nunha racha de vitorias que non queren que pare. A nosa capacidade para frealos ataques dos lucenses e o ritmo que lle imprimamos ao encontro serán crave para poder levarnos os 2 puntos e seguir na loita.

(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS INSTALACIONES PARCERO BM MOAÑA

Comeza a segunda volta da segunda fase, os encontros xa son totalmente determinantes, se o equipo quere ser campión deberá gañar todolos encontros e esperar os resultados dos rivais.

(XM) S.D. TEUCRO UIE VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

O sábado a mañá os nosos xuvenís desprazanse  a cidade  do Lérez para desputar a 5 ° xornada desta 2° fase de Liga prata fronte a S.D. Teucro.Despois de  15 días de parón,  o equipo volta con ganas a competición para poder loitar pola vitoria e así seguir nos postos altos da clasificación.

(XM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS EMBUTIDOS LALINENSE

O BM.Culleredo Remax Riazor, afronta un partido ilusionante e motivante para todo xogador e é que os cullerdenses pódense proclamar matemáticamente campións galegos a falla de tres xornadas para o término da competición. Para iso, deben de lograr polo menos un punto ante o segundo clasificado, o Embutidos Lalinense, un gran equipo que chegará a Culleredo coas máximas aspiracións e coa intención de apurar as últimas opcións de ser eles os que consigan o título de liga. Será por tanto un encontro que apunta alto, un espectáculo vibrante e onde se poderá observar o mellor balonmán desta categoría xuvenil. O partido disputarase o Sábado ás 12:00h no polideportivo de Almeiras.

(SM) BM CULLEREDO VS BALONMÁN SAEPLAST CAÑIZA

O BM.Culleredo, afronta un novo partido o vindeiro sábado en Tarrío, un encontro correspondente á xornada número 21 que se pode catalogar de final. O conxunto que visita o municipal cullerdense, o Balonmán Saeplast Cañiza, ocupa a 12ª posición e está virtualmente salvado, aínda que non de forma matemática. O BM.Culleredo necesita imperiosamente os dous puntos en xogo e debe de realizar un partido serio e completo ante un rival duro e intenso en tarefas defensivas. As posibilidades de vitoria pasan por unha boa defensa e por non cometer erros que permitan correr aos visitantes. O partido dará comezo ás 19:30h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *