
O Domingo as 12.15 no municipal das Travesas , os noso xuvenís de Liga Ouro desputaron o encontro aprazado contra o Reconquista de Vigo por mor do temporal que azotou a comunidade galega 3 semanas atrás.
O encontro comezou de forma inmellorable para os intereses cullerdenses, defensas moi activas e saidas rápidas ao contragolpe para distanciarse no marcador rápidamente.En tan so 15 minutos a vantaxe xa era de 5 goles, a brecha no electrónico seguía incrementando ata os 8 goles na finalización deste 1° tempo.
Na 2° metade o encontro comenzaría na mesma tónica , co equipo cullerdense dominando e ampliando a vantaxe( 2 opción para lograr o +10).Cando ainda quedaban 18 minutos para rematar un encontro que parecía finiquitado , o equipo Vigués propuxo unha defensa individual que volveu tolo o equipo visitante.Os noso xuvenís moi precipitados no ataque cometeron varios erros que aproveitou o equipo vigués recortar a diferencia a tan so 2 goles a falta de 6 minutos para o remate.Con moita paciencia no ataque e contundencia na defensa os nosos xogadores foron capaces de solventar o partido e rematar con tranquilidade o encontro.
Balonmano Reconquista de Vigo .30(13+17).Isaac,David,Gael,Nicolás,Fernando,Jacobo,Adrián,David,Breixo,Ricardo,Mario,Leonardo,David e Aaron.
Bm.Culleredo Remax Riazor.33(21+12).Marco,Teo,Aaron,Bruno,Hugo García,Jorge,Atalo,Josemi,Roi,Hugo Rodríguez,Jairo,Iván, Adrián,Samuel,Nico e Alejo.
Parciais: 1-3/ 5-7/7-11/9-14/11-17/13-21/Descanso/16-23/18-26/21-27/24-28/27-30/30-33/Final.
Colexiados:Cesar Díaz e Ainhoa Rodríguez.
