
Comezaba esta finde semana o treito final da liga cadete femenina prata pola loita polo titulo ligueiro . O Fisioterapia Benestar estreabase ante o histórico S.D Teucro.
O encontro comezaba de maneira excelente nos primeiros compases, todo o mundoi aportando o seu graniño de area. A nivel defensivo todas estiveron con moita intensidade provocando lanzamentos en zonas pouco eficaces onde a portería estivo moi fina para deter esos lanzamentos. A boa dinámica defensiva daba pé a transicións en segunda oleada moi rápidas onde o equipo local o aproveitaba.
Na fase ofensiva ante un 6:0 moi pechado , a continuidade de balón de cara as extremos e o lanzamento exterior estaban a ser un quebradeiro de cabeza para o Teucro.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 22- SD Teucro 8
A segunda metade tivo a mesma tónica , a defensa 5:1 estaba a dominar o ataque do equipo pontevedrés ,os contrataques ou no xogo estático a circulación de balón estaba a facer moito dano ao equipo rival . O Fisioterapia Benestar só baixou o nivel no último tramo de encontro ainda así o resultado era xa moi abultado , e o econtro xa estaba decantado .
Un paso máis , queda moito , a humildade sempre presente .
Resultado ao final do encontro: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 50 - S.D Teucro 20
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar : Sara Fernández, Maria Otero, Sofía Meijide, Antía Ferreño, Rosalia Veiga, Claudia Soto,Alba Fernández, Lola Romero, Irene Rodriguez,Carmela Erias, Noa Otón , Aitana Gestal
S.D Teucro: Adela Sixto , Susana Infante, Angela Bouzas, Gala Dacosta, Martina del Carmen, Lucia Perez,Irene Lopez,Mariña Omil, Cayetana Alvarez, Aloia Bugarin
Parciais cada 5`: 6-1/8-2/12-4/15-6/19-6/22-6/27-9/32-11/37-23/41-16/45-18/50-20
Árbitros: Jorge y Victor
Incidencias: Xornada 1 da segunda fase da liga cadete feminina , disputado no pavillón municipal de Almeiras.
