Saltar ao contido

Previa da xornada

Fin de semana con parte dos equipos descansando, pero que ven cargadiña de encontros tanto na casa como fora e xa con partidos moi importantes e intensos, chegando ás fases decisivas das diferentes competicións.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

O Sutenor quere volver á senda da vitoria para poder puntuar e seguir nos postos altos, o bo xogo amosado na primeira parte en Redondela debe de ser o espello a mirarse para chegar a cotas máis altas. Esperamos un gran encontro ante un gran rival onde as xogadoras de máis calidade son moi determinantes. Para iso o equipo debe estar ben axustado a nivel defensivo para poder frear o ataque visitante.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS CLUB CISNE BALONMANO

O Climanosa dará comezo este domingo á 2ª fase da Ligra Prata, quedando encadrado no grupo dos 3º clasificados no que deberá medirse a: Cisne, OAR, Cañiza, Lavadores e Seis do Nadal. Esta fin de semana afrontarán un difícil encontro ante o equipo “B” dos cineistas, un partido que nos esixirá ao máximo e que deberemos loitar para seguir crecendo na nosa formación como xogadores.

(IM) BM LÍNEA 21 TRANSGALO VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

O Bm Culleredo Óptica Gallaecia ten a difícil tarefa de intentar traer 2 puntos de Mesoiro, os locais están a competir ben e de seguro nos porá as cousas moi difíciles a nivel defensivo, polo que será crave a solidez e solidaridade da nosa defensa e a nosa portería. Tralo encontro de ida no que quedamos a nada de gañar toca loitar esta fin de semana por sumar 2 novos puntos e seguir competindo e mellorando colectivamente.

(CF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS TUISAUDE BM TUI

O Abogacía Canosa loitará nesta segunda fase polo posto entre o noveno e o duodécimo. As nosas demostraron ser un dos mellores equipos do Grupo A e agora queren seguir e demostrar que poden acadar o top 10 nesta liga prata, para iso terán que aumentar os niveis de intesidade e desmostrar que son un equipo para todo.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS S.D. TEUCRO BONPOLLO

Comeza a segunda fase para as cadetes do Fisioterapia Benestar, onde se enfrontarán ao Teucro de Pontevedra, un equipo que ven de ser líder do seu grupo. No Play Off de ascenso foi un rival compricado pero que o Fisioterapia Benestar superou, quizais sexa un encontro diferente onde veremos ata onde poden chegar estes dous equipos nesta nova fase.

(CM) ÓPTICA ARTEIXO VS BM CULLEREDO SALUME COCINAS

O Salume Cocinas desprazarase esta fin de semana a enfrontarse aos veciños de Arteixo, un partido no que buscarán os nosos seguir coa racha de xogo e resultados que están a ter nesta segunda volta e no que será crave a solidaridade defensiva e o control das fases de transición se queremos levarnos os 2 puntos.

(XF) INSTALACIONES PARCERO CANGAS VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

O Baía Edicións viaxa ata Cangas, un rival imbatido nesta segunda fase. O Baía Edicións non perdeu aínda, así que se espera un encontro moi apaisoante onde unha vitoria daría un enorme paso de cara ao liderato nesta segunda fase que dará dereito a ser campión da Liga Prata.

(XM) BM RECONQUISTA DE VIGO VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O BM Culleredo Remax Riazor, viaxará a Vigo este próximo Domingo para enfrontarse ao BM.Reconquista no que será o partido aprazado da xornada Nº 12, debido ao temporal que azoutou Galicia esa fin de semana. Os cullerdenses, que están a dous partidos de lograr matematicamente o título galego, afrontan con responsabilidade este envite ante o terceiro clasificado no que se intúe un duelo vibrante e complicado. O equipo de Culleredo esgota os días de preparación co obxectivo de aliviar a súa enfermería e recuperar uns efectivos que lle axudarán a competir ao máximo nivel para conseguir dous puntos transcendentais. O encontro disputarase ás 12.15h na pista central do pavillón As Travesas.

(SM) BM INGENIO VS BALONMÁN CULLEREDO

O BM Culleredo, realizará a última viaxe da tempada ás Illas Afortunadas para enfrontarse o Sábado ás 20:00h ao potente equipo do BM.Ingenio. O conxunto da illa de Gran Canaria é un dos máis fortes da categoría, por tanto, o BM.Culleredo deberá de realizar un partido moi completo para traer consigo os dous puntos en xogo. De novo será esencial que a portería e a retagarda funcionen a un alto nivel, dado o enorme potencial lanzador da primeira liña canaria. Todo o que sexa a recuperación en defensa para poder despregar a velocidade ao contraataque, sumará en positivo para os cullerdenses, que no posicional deberán de traballar o ataque con paciencia para abrir espazos e atopar zonas eficaces cara á portería rival. O encontro disputarase no municipal da localidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *