Saltar ao contido

A FALTA DE INTENSIDADE CÓSTALLE OS DOUS PUNTOS AO CANOSA ABOGACÍA

O pasado sábado as rapazas do Canosa Abogacía recibían ao Abegondo Noroplaza no que sería o último encontro desta primeira fase da Liga.

O Culleredo iniciaba o partido cunha defensa 6:0 que conseguía roubar varios balóns nos primeiros minutos, mais os erros nas vasculacións e na comunicación defensiva propiciaron que as rivais, cunha serie de transformacións das exteriores e xogo coa pivote, xeraran serios problemas na defensa do Canosa.

Na parte ofensiva as nosas rapazas conseguían finalizar sen apenas oposición nas zonas exteriores, xa que o Abegondo iniciou cunha defensa 5:1 concentrada no medio. Mais cando pasaron a unha 6:0 e a pesares de optar a lanzamentos exteriores a partir de cruces e algunha permuta, as do Abogacía comezaron a ter problemas na penetración e no éxito dos lanzamentos exteriores, os cales non resultaron efectivos.

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 12- Bm Abegondo Noroplaza 13.

No comezo da segunda metade a dinámica seguía a ser a mesma, mais unhas pérdidas de balón das rivais, que finalizaron en gol para o Canosa, conseguían meter as nosas no partido, empezando a loitar cada balón e subsanando erros defensivos. Obrigando desta forma ao Abegondo a facer unha serie de lanzamentos exteriores e dificultándolles a penetración.

O ataque seguía sendo inestable, e a falta de velocidade de balón e xogo colectivo propiciou malos lanzamentos, desproveitando oportunidades claras para superar ao Abegondo no marcador. Mais nos últimos dez minutos de partido, aproveitando unha serie de robos de balón e subidas rápidas do mesmo, as do Abogacía lograban remontar o parcial e achegarse ao empate, que finalmente non puido ser.

Último partido da primeira fase da Liga, no que en xeral non se amosou un bo xogo, sobre todo debido a falta de intensidade colectiva e os erros defensivos. A pesares disto, o balance da competición é moi bo, logrando, grazas ao esforzo e constancia que amosaron durante estes meses, un merecido 3º posto. Toca seguir traballando para solventar erros e rematar a tempada da mellor maneira posible.

Forza Culle!

Resultado final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 24 - Bm Abegondo Noroplaza 25.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Daniela Pérez, Claudia Regueiro, Alba Sanmartín, Sara Bello, Thais Villaverde, Cintia Míguez, Aldara Piñeiro, Adriana Vázquez, Eva Outón, Luana Gómez, Antía García, Simona Seo.

Bm Abegondo Noroplaza: Elena Carro, Arianna Castelao, Daniela Andrade, Carlota Fernández, Sara Moar, Lucía Giménez, Noa Moar, Carla Suárez, Carla Barros, Lorena Romero.

Parciais cada 5´: 3-0/4-1/7-3/8-7/9-10/12-13/13-14/15-15/17-18/17-20/22-25/24-25.

Árbitro: Jorge Sánchez.

Incidencias: Xornada 14 da Liga prata feminina (grupo A), disputada no Pavillón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *