Saltar ao contido

O SUTENOR IMPONSE EN CASA ANTE O ATLÉTICO GUARDÉS

O Sutenor volvía a Almeiras para enfrontarse ante un dos filiais do Atlético Guardés equipo na máxima división femenina e lider da categoría.

As nosas comezaron ben o encontro , na fase ofensiva cun sistema defensivo 3:3 o equipo estaba a controlar as situacións de xogo do equipo rival a expensas de accións individuais do Guardés .

O equipo na fase defensiva propiciaba accións en zonas pouco efectivas e provovaba interceptacións ou pérdidas de balón do equipo rival que o Sutenor o aproveitaba nos contrataques.

Na fase ofensiva o xogo sen balón, accións de pase e vai estaban a ter rendemento , aínda que a diferencia non era alta acabaouse a primeira parte con 4 goles arriba e boas sensacións de cara a segunda metade.

Resultado ao descanso: BM Culleredo Sutenor 17- Atlético Guardés 13.

Na segunda metade o Sutenor comezou moi activo e lograba en pouco tempo ampliar a diferencia ata 8 goles, un encontro que estaba a ser controlado na súa totalidade. Na fase ofensiva o equipo estaba a circular o balón de lado a lado moi rápidamente conseguindo penetracións ante o cambio de sistema 5:1 do equipo visitante.

Cunha amplia diferencia chegouse aos últimos 10 minutos onde o equipo recibiu 3 exclusións neste pequeno tempo onde tivo que esforzarse ainda máis para poder aguantar a renta. O Sutenor loitou por reter os dous puntos na casa e o conseguiu.

Chegamos case a parte final do campionato e aínda queda o mellor de todo , está en xogo un posto pola clasificación directa a un campionato de España e esta praza agora mesmo está en mans do Sutenor así que toca seguir traballando para poder conseguir o obxetivo marcado.

Resultado final: Bm Culleredo Sutenor 33- Bm Atlético Guardés 27

Bm Culleredo Sutenor : Helena Portas, Elena Aneiros,Aroa Bestilleiro, Candela Tizón, Aldara Allegue , Yasmine Gabarri, Sara Villar, Celia González, Noa Otón, Aitana Gestal, Salma Martinez.

Atlético Guardés:Lua Calderón, Marcela Sobrino, Angela Martinez, Lea Lomba, Julia Flores, Yaiza Alonso,Carolina Martinez, Daniela Alvarez, Eva Perez, Carolina Reyes.

Parciais cada 5`: 5-3/8-5/10'-8/17-13/22-15/16-18/28-21/30-24/33-27

Árbitros: Martina Regueiro.

Incidencias: Xornada 14 da liga infantil femenina de liga Ouro disputada no pavillón municipal de Almeiras en Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *