Saltar ao contido

O SUTENOR SÓ PODE AGUANTAR UN TEMPO ANTE O LIDER

O Sutenor viaxaba a pista do lider da competición a SAR de Redondela, equipo invatido este ano . As nosas sen presión algunha chegaban quizás nun momento que non era o propicio pero demostraron un papel moi diferente aos últimos encontros. O Sutenor saiu a por todas xa dende o comezo , unha primeira parte de ti a ti , competindo a gran nivel na faceta defensiva, con interceptacións , provocando situacións ineficacez ao equipo rival , e na fase ofensiva demostrando que o traballo grupal e as conexións están a ser fundamentais para superar defensas agresivas.

Resultado ao descanso : Sar Rodavigo 13- Bm Culleredo Sutenor 11

Pequenos detalles facían que o equipo local levara ventaxa na primeira metade , quizáis a diferencia foi os fallos de lanzamento dende 6 metros, realmente esa foi a diferencia entre o primeiro clasificado e o terceiro . Nin máis nin menos. O equipo acaba de competir o máximo nivel esta primeira metade .

Pero todo se truncou na segunda, quizais o cambio de plantexamento foi un das claves do encontro a maiores de que o equipo local incrementou o nivel defensivo . Moitos fallos de pase e recpeción nesta segunda metade, polo tanto estas pérdidas de balón provocaban os contrataques do equipo local que conseguian en 10 minutos unha ventaxa de 5 goles que se incrementaría co paso do tempo . O Sutenor non estivo cómodo nesta segunda metade , buscóuse un cambio de plan pero tampouco beneficiou , quizáis a superioridade do equipo rival evidenciuose e o Sutenor non foi capaz de parar este ritmo de encontro.

Moi superior o equipo local na segunda metade que o pagou moi caro o equipo cullerdense , pero ainda así houbo boas sensacións , e iso é moi importante , podese perder ou gañar pero hai que estar no encontro e hai que estar preparadas para para calquer situación e polo visto no encontro o Sutenor o estaba , e aínda máis por enriba o equipo estivo a un alto nivel . Esta é a forma de competir ao máximo , hai que confiar e hai que creer pouco a pouco con traballo e ilusión calquer pequeno detalle pode cambiar nun adestramento , nun día , nun encontro ou nun mes, o que non esta permitido e é innegocible e rendirse e a estas alturas este equipo non o fai , compite, xoga con erros e con acertos pero seguen o pé do cañon e quizáis iso debe de estar por enriba dunha victoria ou unha derrota.

Resultado final: SAR Rodavigo 34-Bm Culleredo Sutenor 20 .

SAR Rodavigo(13+21): Karla Fernández, Emma Yoiza, Aitana Crespo, Emma Troncoso, Loaira Cano, Zoe Bouzón, Alma Otero, Antia Hernández, Daniel Miguez, Daniela Figueroa, Ainhoa Mo, Noa Perez

Bm Culleredo Sutenor(11+9): Helena Portas, Aldara Allegue, Aroa Bestilleiros, Candela Tizó, Elena Aneiros, Aroa Martinez, Sara Villar, Celia Gonzalez, Sofía Orge, Noa Otón , Atiana Gestal y Yasmin Gabarri.

Parciais cada 5`: 2-1/6-4/7-6/10-9/13-11/17-12/20-25/27-219/34-20

Árbitros: Sergio Murillo y Juan Lampón

Incidencias: Xornada 13 da liga de Ouro infantil femenina , disputado no pavillón de A Bombonera en Redondela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *