Saltar ao contido

O BAÍA EDICIÓNS SABE SUFRIR PARA GAÑAR

O Baía Edicións recibía a un dos rivais máis fortes da categoría a Sar B de Redondela, un equipo moi regular que sabe o que xoga. As nosas con afrontaban o encontro con moita ilusión , xogar a segunda fase sempre é moi motivante .

O encontro comezaba con pequenas igualdades pero cunha Sar que parecía superior e máis regular , isto demostrabase con ventaxas de 3 goles que se reducían en breves momentos. A defensa 6:0 estaba a crear problemáticas ao ataque cullerdense, e a nivel defensivo o Baía Edicións non acababa de axustar . Isto o aproveitou o equipo visitante para ter unha ventaxa de 5 goles, parecía que o encontro xa tiña dominio ou un camiño marcado a prol do equipo visitante. Pero tras un tempo morto o equipo deuse recuperado e incluso chengandose a poñer a un gol por debaixo . O descanso o resultado era de Bm Culleredo Baía Edicións 15- Sar B 17.

Moitos goles encaixados sobre todo en zonas pouco eficaces, unha pena esas accións onde hai que dar máis de si para poder frear ese tipo de accións.

A segunda metade tivo moita máis igualdade , o equipo cullerdense estivo máis atinado na fase defensiva que sobre todo nos minutos iniciais na fase ofensiva onde en 15 minutos o Baía Edicións dáballe a volta o encontro e poñiase un gol por enriba no marcador . Isto daba moitos folgos as nosas cullerdenses que dende ahí non deixarían escapar a opoortunidade incluso en momento críticos cun empate no marcador e a falta de 5 minutos o equipo seguiu pelexando calquer balón dividido, realmente esa é a diferencia de quere gañar ou ser conformista.

Os últimos 5 minutos foron moi intensos onde a presión do equipo visitante beneficiou ao equipo local que soubo xogar cos espacios libres e defender as úlitmas accións coma si se xogasen un campionato galego . Isto é realmente o que merece a pena , xogar con esta intensidade pese a obter un resultado u outro . E a maneira de competir e facer competir.

Resultado final: Bm Culleredo Baía Edicións 28 - Sar Bluewenables 26

Bm Culleredo Baía Edicións(15+13) : Aroa García, Sara Fernández, Lúa Fernandez, Leire Martinez, Paula Peteiro, Carla Corral, Carla Muiño, Lola Romero, Claudia Soto, Rosalia Veiga, Antía Ferreño, Irene Rodriguez.

Sar Bluewenables(17+9):Uxía Bouzón, Carlota Mo, Mireia Yoiza, Maria Rafael, Alejandra Lorenzo, Leire Gonzalez, Alba Sampil , Paula Ayude, Celia Couñago.

Parciais cada 5`: 2-3/4-7/8-9/9-13/12-15/15-17/17-18/19-20/22-21/24-23/25-25/28-26

Árbitros: María Astray y Daniel Arias.

Incidencias: Xornada 2 da segunda fase da liga xuvenil feminina.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *