
Socaire Arquitectos Bueu Atl vs BM Culleredo Remax Riazor | Streaming Partido Juvenil Masculino
O BM.Culleredo Remax Riazor, deu un paso importante cara ao título de campión galego ao vencer onte con claridade na difícil pista do Pablo Herbello de Bueu. Sen dar opcións a un rival combativo e que non se deu por vencido en ningún momento, os cullerdenses foron traballando o partido de forma constante para conseguir unha cómoda diferenza de seis goles ao termo dos primeiros trinta minutos (18-24) e rematalo nun segundo tempo no que a retagarda estivo a gran altura para terminar encaixando tan só 11 goles, tres deles nos últimos cinco minutos cando todo xa estaba decidido. Con oficio, experiencia e pouso, o BM.Culleredo Remax Riazor impúxose no ataque cun xogo disciplinado, superando á defensa local con claridade. A partir do acerto defensivo, os de Culleredo serían letais nas contras para ir ampliando a diferenza ata liquidar con moita autoridade o envite. A suma destes dous puntos, achegan a este grupo a outro campionato galego e déixaos a dúas vitorias de conseguilo de forma matemática.
Socaire Arquitectos Bueu ATL.Balonmán: 29 (18+11). Anxo González, Juan Villegas, Jaime Moldes, Miguel Piñeiro, Martín Cadilla, Mateo Blanco, Mario Agulla, Diego Fdez, Antón Fdez, Miguel Cadilla, Alejandro Arias, Hugo Mora, Pedro Costas.
BM.Culleredo Remax Riazor: 48 (24+24). Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Marco González (P), Bruno Pardo, Teo López, Aarón Blanco, Alejo Martínez, Xoán Canedo, Nicolás Casal, Atalo Bello, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Roi Fdez, Jorge Outón, Hugo Rodríguez, Adrián Veira.
Parciais cada 5´: 4-4 / 6-8 / 9-13 / 10-18 / 13-21 / 18-24 / Descanso / 21-28 / 25-33 / 25-37 / 26-39 / 26-44 / 29-48 / Final.
Colexiados: Julio Villanueva.
Incidencias: Encontro correspondente á 14ª xornada daLiga Ouro xuvenil disputado no pavillón de Tarrío con presencia dun centenar de siareiros de ambos os conxuntos nas bancadas.
