
O Sábado as 16.30 tocábanos visitar a pista do Club Cisne Los Sauces , equipo de gran nivel e líder da categoría.
O comezo do partido non foi o esperado para os intereses cullerdenses.O equipo Pontevedrés comezou dominando con moita claridade, castigando os nosos erros con claros contragolpes e aproveitando a pouca intensidade defensiva para distanciarse no marcador rápidamente.A vantaxe era de 4 goles no minuto 6 de partido, tempo morto para ordear o equipo e buscar a reacción do equipo cullerdense.O equipo do Lérez seguía a castigar a portería rival e facerse moi forte en defensa provocando que o resultado no minuto 12 fora dun claro 11-3.A partirés de ahí os nosos xuvenís entraron no partido, comenzaron a defender con intensidade e anticipación para pouco a pouco ir recortando as distancias para chegar ao descanso con tan so 3 goles de desvantaxe.
Na 2° metade o equipo Pontevedrés distanciouse moi pronto no marcador e colleu rendas de 4 e 5 goles , que por veces éramos capaces de reducir pero rápidamente os locais volverían a recuperar.Disfrutamos nesta 2° metade dun encontro mais igualado , onde plantamos cara e puxemos as cousas difíciles a un gran rival. O mal comezo lastrounos moito e fixo moi complicado poder loitar pola vitoria.Felicitar aos rapaces que nunca deixaron de traballar durante todo o encontro ainda que o resultado non fora do noso favor.
Club Cisne colegio Los Sauces .29(16+13).Antón,Antonio,Daniel,Javier,Pablo,Hugo,Román,Pedro,Roque, Iago,Carlos,Xoel,Yago e Mateo.
BM Culleredo Galaico Caravaning.22(12+10).Marc,Hugo Díaz, Hugo Rodríguez, Jairo,Mateo,Víctor,Iago,Roi,Fabián, Anxo,Álvaro,Antón,Félix,Lucas,Pablo e Teo.
Parciais. 4-1/9-3/10-4/12-7/14-12/16-12/Descanso/17-13/19-16/21-18/23-19/26-20/29-22/Final.
Colexiados: Joaquín Iñaki Oubiña Bruno e Marcos Fernández Piñeiro.
