Saltar ao contido

Esforzo e traballo teñen a sua recompensa

Recibimos a visita do Carnes do Ribeiro , un equipo cun gran poderío físico polo que se esperaba un encontro duro,difícil e competido.

Nos primeiros compases do encontro o intercambio de goles non permitiu distanciarse a ningún equipo. Foi a partires do minuto 15  cando o equipo cullerdense axustou a dupla defensa-portería  para poder sair rápido ao contragolpe.Velocidade e efectividade nas transicións fixo que os locais colleran vantaxe no marcador e poder chegar o descanso con 6 goles de diferencia.(22-16).

Na segunda metade ,o equipo Ourensán consciente do que había en xogo  saiu ao 40x20 asumindo  demasiados riscos  para poder recortar as diferencias.Os  nosos xuvenís con gran  rigor táctico ofensivo e disciplina defensiva ,  calcou o plan de partido que dende o banquillo se lles pediu.A vantaxe chegou a ser de 12 goles no minuto 50 de partido , unha losa que os de Ribadavia xa non poderían levantar. Ainda así tiraron de garra e coraxe para recortar e finalizar o encontro a 8 tantos de diferencia.

Balonman Culleredo Galaico Caravaning.39(22+17).Hugo Díaz, Marc,Iago,Jairo,Mateo,Víctor,Lucas,Anton,Hugo Rodriguez,Roi,Fabián,Félix,Anxo,Álvaro,Pablo e Teo.

Carnes do Ribeiro-Ourense Provincia Terma.31(16+15).Iker,Ian,Luis,Iván, Miguel,Samuel,Oscar,Anxo,Denis,David,Luis,Antón,Brais e Adrián.

Colexiados.Martina Regueiro e Luis Daniel Insua.

Incidencias.Xornada disputada no municipal de Almeiras ante un bo número de afeccionados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *