
SERMARTHER CIUDAD DE TACORONTE - BALONMAN CULLEREDO
O BM.Culleredo, afrontaba unha auténtica final esta pasada fin de semana en Tenerife ante o penúltimo clasificado. Os cullerdenses, en caso de vitoria, distanciaríanse do seu rival en seis puntos e isto podería ser un golpe case definitivo ás súas opcións de permanencia. O equipo saltou á pista do municipal tinerfeño centrado nese obxectivo e pronto comezou a distanciarse no marcador, sendo moi superior ao seu rival en todas as fases do xogo e dominando o ritmo do encontro. Se en algo había que poñer un pero, era en que, con varias opcións de ampliar a diferenza ata uns algarismos moi avultados, os de Culleredo non estaban a aproveitar as opcións sinxelas de lanzamento sós ante a portería contraria e, así, con tres situacións de contragolpe cando a diferenza era de 2-7 e poderíase marchar a un 2-10, dábaselles un respiro aos locais que nese momento eran amplamente superados. O gran erro do conxunto cullerdense foi precisamente ese, non "matar" o partido no primeiro acto cando o tivo a tiro e deixar con "vida" ao seu rival, retirándose aos vestiarios no tempo de descanso cunha diferenza tan só de catro goles (11-15). No segundo acto, as cousas cambiarían co paso dos minutos e o equipo de Tacoronte, poñendo intensidade e corazón, conseguía achegarse no marcador ata darlle a volta aos dez minutos da continuación (18-17). Desde entón, o partido móvese en algarismos mínimos sempre a favor dos locais, que cunha tendencia positiva fanse co mesmo. As dúbidas se acrecentan no BM.Culleredo, ao cal o empate serviríalle, pero as precipitacións agora en ataque e, especialmente unha retagarda que en conxunción coa portería non era capaz de frear as situacións individuais dos de Tacoronte, terminan por deixar dous puntos importantes de forma un tanto inexplicable e frustante para os mozos de Culleredo. A pesares deste duro pau, o BM.Culleredo continua dous puntos por diante do seu rival desta fin de semana e mantén o golaverage particular a favor, algo que pode ser definitivo ao finalizar a competición, pero con este resultado xa non existe marxe. O BM.Culleredo afronta, por tanto, os próximos envites coa responsabilidade de desquitarse do mal grolo esta fin de semana e darlle a volta sumando os dous puntos ante o BM.Galdar o vindeiro sábado.
Sermarther Ciudad De Tacoronte: 28 (11+17). Adrián Pineda, Oscar Luis Rivero, Alby Regalado (6), Antonio Manuel Jimenez, Mateus Henrique Do Carmo, Ricardo García, Tarek Abdelkader, Alonso Correa, Markel Moreno (2), Alex Fabricio De Abreu (6), Pablo Pérez, Yusef Mohamed (4), Carlos Abián (1), José Antonio Rubio (4), Brahim Mohamed (5).
BM.Culleredo: 25 (15+10). Jorge López (P), Xoán Varela (P), Mario Crecente (3), Manuel López (3), Alejandro Gómez (9), Dani González (1), Pedro Pereira, Iago Ferreiro (4), Samuel Seijas (4), Nuno Loxo, Darío Pérez, Adrián Díaz (1), Nicolás Pérez, Marco García.
Parciais cada 5´: 2-3 / 2-6 / 3-9 / 5-11 / 8-14 / 11-15 / Descanso / 14-16 / 18-17 / 20-18 / 23-21 / 26-24 / 28-25 / Final.
Colexiados: David Deniz e Diego Pastoriza.
Incidencias: 18ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tacoronte con boa afluencia público.
Fotos do encontro:
