
Na mañán do Sábado tiña lugar a 13° xornada da fase regular de Liga ouro.O rival foi Balonmán Tui, que a pesares da sua situación na táboa clasificatoria iba a poñer as cousas moi difíciles para os intereses cullerdenses.
O encontro comezou con dominio visitante,que unha e outra vez penetraba na defensa cullerdense dun modo moi sinxelo.Os xogadores locais tardaron casi media parte en axustar a defensa , unha vez o lograron o partido igualouse e foron capaces de adiantarse no marcador para chegar o descanso con 4 goles de vantaxe.
A volta do descanso ,o equipo tudense saiu moi rápido nas transicións aproveitando as dificultades dos cullerdenses no repliegue defensivo, ainda así ,a maior profundidade de banquillo do equipo local ,foi clave para que se pudieran chegar os derradeiros 10 minutos do partido cunha vantaxe notable ( 7 goles) que non fixera perigar a victoria.
BM.Culleredo Remax Riazor.39(19+20).Marco,Teo,Aaron,Bruno,Hugo Diaz,Jorge,Atalo,José Miguel,Roi,Hugo Rodríguez,Iván, Adrián,Xoan,Nicolás,Antón e Alejo.
Clínica veterinaria Estación Balonmán Tui.33(15+18).Izan,Marcos,Rubén,Roque,Cristian,Aron,Dario,Sergio,Lucas,Fabio e Andrés.
Parcias cada 5’:3-5/5-8/11-9/14-11/17-12/19-15/Descanso/22-18/28-22/30-23/33-26/36-31/39-33/Final
Colexiados: Martina Regueiro e Luis Daniel Arias.
Incidencias: Xornada disputada no municipal de Almeiras ante un bo número de afeccionados.
