
As nosas cadetes do Abogacía Canosa xogaban o domingo ante o BM Brigantium de A Coruña, un encontro con moita igualdade onde as nosas na primeira metade non demostraron unha boa actitude ou predisposición para poder competir o encontro .
A nivel defensivo o equipo non entendeu o xogo colectivo e tan só nun 1x1 o equipo local conseguía éxito , nin intensidade n 1x1 nin axudas defensivas,nin un grito nin nada , moita pasividade nesta fase. Na fase ofensiva practicamente o mesmo , o non haber intensidade e tensión cada 2 pases o balón caíase , non habia circulación de balón , no habia nin fluidez nin velocidade de balón e isto lastraba demasiado o ataque e practicamente sen atacar beneficiaba a defensa .
A falta de actitude ou as gañas de dar un paso máis no xogo e uns dos factores que hai que ter para poder sair a competir .
Resultado o descanso: Bm Brigantium 10- Bm Culleredo Abogacía Canosa 9.
A segunda metade no incio desta tivo a mesma tónica a defensa cullerdense seguía a non estar con intensidade e moitas lagunas a nivel colectivo que beneficiaban o ataque do equipo rival que só basabase nun 1x1 dende parada cun bote previo . Demasiada información para pòder frear este tipo de ataques pero cando non hai actitude e moi difícil resolver a problemática.
Co paso dos minutos o equipo comezou a dar un paso máis e a actitude comezou a cambiar , comezaron a aparecer as axudas defensivas, o conxunto cullerdense cohesionabase para construir un equipo e así foi , os ultimos 15 ou 20 minutos o equipo demostrou o que é , a defensa comezou a interceptar , axudar a levar as xogadoras ofensivas a zonas infecacez de cara o gol. A predisposición a intensidade a tensión comezaron a xurdir e non hai máis, todo e poñerse e querer. Poderase ter erros pero a actitude non pode fallar e quizáis o máis importante de todo, como estar predisposta a xogar un encontro . As veces hai que simplicar o xogo e as cousas que nos rodean para centrarse no máis importante que é o equipo , e o seu funcionamento .
Noraboa pola victoria pero queda claro cal a sido o fallo máis importante de este encontro e que quizáis estaba a predominar en encontros anteriores pese as victorias ou derrotas.
Resultado final: Bm Brigantium 18- Bm Culleredo Abogacía Canosa 27.
Bm Birgantium(10+8) :Daniela Gallego , Daniela Mato, Icia Lopez, Candela Maria, Noelia Gregori, Sara Leis, Alejandra Gallego, Elba Belmonte.
Bm Culleredo Abogacía Canosa(9+18): Sara Bello, Alba Sanmartin , Adriana Vázquez, Daniela Pérez, Simona Seo, Antía García, Eva Outón , Aldara Piñeiro, Cintia Miguez, Thais Villaverde,Luana Gómez.
Parciales cada 5`: 1-1/1-2/1-4/5-8/7-8/10-9/12-12/14-14/15-18/15-22/16-24/18-27
Árbitros: Iago Allegue y Carlos Ortíz
Incidencias:Xornada 13 da liga de prata cadete feminina do grupo A , disputado no pavillón municipal de Novo Mesoiro en A Coruña.
