
Derbi provincial entre a primeira e segunda clasificada do grupo A cadete feminino prata. O Fisioterapia Benestar recibía ao Grupo Lemaco B en Almeiras, un encontro que na ida estivo moi igualado sobre todo na primeira metade, pero que nesta ocasión o equipo local sacou todo o seu potencial a nivel defensivo para poder dobregar ao segundo clasificado.
Nun incio con igualdade onde os fallo de lanzamento do equipo local estaban a ser notables pero unha vez axustado o punto de mira nos lanzamentos, o Fisioterapia Benestar comezou a abrir becha no marcador . E sobretodo a nivel defensivo o equipo estaba a dar un rendimento alto , e tan só 6 goles recibidos na primeira metade.
Isto denotaba o bó traballo e a intensidade que estaba a facer o grupo a este nivel, na fase ofensiva o xogo colectivo estaba a dar beneficio e o equipo iase o descansso cunha renta moi alta.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 14- Grupo Lemaco Xiria B .
Na segunda metade e cunha 5:1 a nivel defensivo o Fisioterapia Benestar abriu moito os espacios e tivo problemas para poder defender as transformacións ofensivas do equipo visitante e os 1x1 que as veces non habia axudas defensivas.
Aínda así o encontro estaba controlado e non perigou en ningún momento.
2 puntos de ouro para sentanciar a primeira fase do grupo A, onde só queda unha xornada por disputar máis un partido aprazado contrao Atlántico . Unha vez finalizado estas xornadas disputaráse a segunda fase pola loita polo titulo na liga prata.
Resultado final: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 30 - Grupo Lemaxo Xiria B 17
BM Culleredo Fisioterapia Benestar (14+16): Sara Fernández, Helena Portas, María Otero, Sofía Meijide, Rosalia Veiga, Alba Fernández, Antía Ferreño, Lola Romero, Irene Rodriguez, Claudia Soto, Carmela Erias , Noa Otón y Aitana Gestal.
Grupo Lemaco Xiria B(6+11): Sara Trigo, Aroa Lista, Zahira Longueira,Fatima Varela, Noa Caamaño, Lara Varela, Eva Vidal, Inés Cabeza, Sara Pallas, Maria Vidal.
Parciales cada 5`: 1-1/3-3/7-5/9-5/11-6/14-6/16-7/19-8/13-11/15-14/19-16/30-17
Árbitros: André Pena y Jorge.
Incidencias: Xornada 13 da liga prata cadete feminina do grupo A disputado no pavillón municipal de Almeiras en Culleredo.
