Saltar ao contido

COMEZO CON VICTORIA NESTA SEGUNDA FASE

Comezo da segunda fase pola loita polo titulo de prata e as nosas xuvenis viaxaban pàra xogar ante o Bm Moaña , o lider do grupo B na primeira fase . O encontro nos seus primeiros compases estivo igualado con pequenas ventaxas para un e outro equipo .

Os dous equipos presentaban unha defensa 6:0 con disuasiones pares en donde apenas permitína lanzamentos comodos ou penetracións.

Primeiro golpeu o Baía Edicións puidendo levar unha renta de 2 goles, pero o equipo local reaccionou e platou unha defenssa mixta sobre as cullerdenses no lateral dereito esto fixo dudar o ataque cullerdense e propiciar unha serie de pérdidas que levaba o Moaña a remontar o encontro e poñerse 2 goles arriba . Despois dun tempo morto e axustar certos patróns, o Baía Edicións cambiaba o sistema defensivo nos últimos intres do encontro a 5:1 para conseguir un parcial de 5-1 que daba unha ventaxa de 4 goles ao equipo visitante . A situacións ofensivas neste último treito estiveron destacadas polas salidas colectivas ante a mixta e a circulación de balón dun lado a outro ante tanto espacio nun 5x5.

Resultado ao descanso : Bm Moaña 17- Bm Culleredo Baía Edicións 21.

Na segunda metade o Baía Edicións saiu cunha confianza e unha intensidade que daba pé a seguir aumentado a diferencia no marcador , as situaciones de defensa mixta por parte do Moaña non estaban a ser productivas para o equipo local , e o Baía Edicións o aproveitaba , incluso a dobre mixta proposta tampouco estaba a ter éxito , todos estos espacios libres que deixaba a defensa local o equipo cullerdense o aproveitaba para xogar situacións tanto sen balón como individuais para aumentar a renta a un máximo d e12 goles. Isto cerraba practicamente o encontro , non se estaba a ter pérdidas de balón e o equipo a nivel defensivo estaba a responder , tan só 5 goles en 20 minutos foron os tantos recibidos nese periodo de tempo , un longo tempo no que o Baía Edicións foi matando o encontro ata a súa finalización.

Bó encontro para debutar nesta segunda fase onde aínda queda moito e están os mellores rivais da categoría asi que toca seguir trabllando e tamén felicitar ao grupo polo esforzo e compromiso que están a ter .

Resultado final: Bm Moaña 31- Bm Culleredo Baía Edicións 38

Bm Moaña(17+14):Noelia Campo, Eva Abraldes,Vega Justo, Claudia Rodriguez, Irene Maqueira, Alba Otero, Julia Sanclemente, Aisha Juncal, Ada Fabeiro, Ines Suarez, Rocío Nuñez.

Bm Culleredo Baía Edicións(21+17): Aroa García, Sara Fernandez, Leire Barbeito, Lúa Fernandez, Paula Peteiro, Antía Ferreño, Carla Corral, Carla Muiño, Lucía Cortegoso, Irene Rodriguez,Claudia Soto, Lola Romero, Rosalia Veiga.

Parciales cada 5`: 1-1/4-4/8-8/11-11/15-16/17-21/18-24/20-25/&21-31/22-33/26-37/31-38

Árbitro:Daniel Cancelas.

Incidencias: Xornada 1 da segunda fase da liga prata xuvenil femenina , disputado no pavillón municipal O Rosal en Moaña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *