Saltar ao contido

Bo traballo e vitoria contundente do Climanosa

Desprazábanse o pasado sábado os nosos infantís do Bm Culleredo Climanosa a Pontedeume para desputar unha das derraderias xornadas desta 1ª fase da Liga Prata.

Prevíase un encontro donde os nosos serían superiores, chegando a cerralo marcador no encontro de ida en Almeiras, pero coma sempre nesta categoría nuns meses isto pode cambiar moito.

Comezaban os nosos algo espesos a nivel defensivo, mal posicionados por momentos e permitindo aos rivais superar cara o centro, sen embargo aparecían as axudas defensivas e éramos quen de sair airosos.

Na fase ofensiva apenas tiñamos ataques posicionais, chegando sempre en 2ª oleada con moita forza e atopando o camiño ao gol en apenas 2-3 pases en campo contrario. Con isto, chegaríamos ao descanso 11 goles arriba.

A segunda parte sería moi similar a esta primeira, eso si, cun Climanosa máis agresivo en defensa, que xeraba moitas dudas e perdas de balón aos locais. Aparecían neste sentido numerosos roubos de pases e desposesións de bote que nos permitían correr sobre todos nos primeiros 10 min desta metade.

Nos derradeiros minutos do encontro nada cambiaba e a superioridade dos cullerdenses despois dun bo encontro era notable.

Bm Pontedeume: 7 (5+2) Alberto, Aldara, Antía, Estela, Eva, Lois, Lucía, Roberto, Roi, Saja, Xoán, Antón, Darío.

Bm Culleredo Climanosa: 37 (16+21) Anxo, Óliver, Iván, Mauro, Fran, Pablo Fraguela, Hugo, Roi, Aarón, Nicolás, Mario.

Árbitros: Nuno Roi Tenreiro e Luís Daniel Arias.

Incidencias: Partido correspondente á 12ª xornada do Grupo B da Liga de Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *