Saltar ao contido

O ataque foi capital para lograr a vitoria

Na mañá do Sábado os xuvenís do Galaico caravaning desprazaronse a O Rosal Para desputar a 2° xornada da 2° fase ligueira.

O encontro comezou de manera inmellorable para os intereses culleredenses que apoiados  na profundidade e intensidade defensiva puideron  sair rápido o contragolpe.Mediada a primeira parte a vantaxe era de 6 goles e pintaban moi ben as cousas para os visitantes.O equipo rosaleiro modificou o sistema defensivo e os cullerdenses moi atascados ante o plantexamento local permitiron a remontada do Novás,chegando o descanso con empate a 17 goles.

O 2° acto comezou con intercambio de goles de ambos conxuntos no que ningún equipo conseguía distanciarse no marcador.Mediada a 2° metade unha exclusión do equipo local e o cambio no sistema defensivo dos cullerdenses propiciu coller vantaxe de 4 goles.O entrenador do Novás parou o encontro para organizar o ataque e xogar sen porteiro para buscar solucións co 7x6.A defensa visitante moi activa sería capaz de frenar o rival e marcar goles sinxelos a portería baleira e aumentar a renta a 6 goles.Os nosos xuvenís encararon o final cunha renta amplia que non fixo peligrar a vitoria e así poder traer os 2 puntos para a nosa terra.

Valinox Novás.30(17+13).Alonso,Xoel,Iago ,Hugo,Mateo,Fernando,Aaron,Telmo,Antón,Diego,Brais,Jorge,Nicolás,Alejandro,Martín e Daniel.

Bm. Culleredo Galaico Caravaning. 36( 17+19).Marc,Hugo Diaz, Jairo,Mateo,Iago,Víctor,Lucas,Antón, Roi,Hugo Rodríguez,Félix,Fabián, Anxo,Álvaro,Pablo e Teo.

Colexiado: Rubén Iglesias.

Incidencias:Encontro disputado no Municipa de O Rosal ante un bo número de afeccionados locais e visitantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *