Saltar ao contido

TRIUNFO CONTUNDENTE E PASAR DE FASE :¡A SEGUIR SOÑANDO!

Derradeira xornada do grupo A da liga prata xuvenil feminina onde o Baía Edicións dependía de si mesmo para poder clasificarse a segunda fase, a expensas tamén do resultado entre o primeiro e terceiro clasificado . Pero sabíase que cun triunfo na casa todo estaba feito.

Comenzou o encontro de mala maneira, o Baía Edicións comentendo demasiados erros, sobretodo a nivel ofensivo onde as xogadoras estaban a estar paradas e recurrindo demasiado o bote de balón sen aproveitar ningunha situación . Isto reflexabase no marcador cun 1-3 nos primeiros 5 minutos, moito xogo indiviual e moi errático.

Despois dun tempo morto cambiouse o plan e en 10 minutos o equipo local xa estaba 3 goles enriba e cerrando a defensa cunha defensa 5:1 na que só encaixou 6 goles na primeira metade. E na fase ofensiva o xogo colectivo estaba a ser máis regular e efectivo . Aínda así moitos problemas de circulación de balón e a utilización do bote en momentos innecesarios estaban a detonar patróns impropios deste momento de tempada.

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Baía Edicións:15- BM Porriño b 6

Na segunda metade o equipo seguiu o plan do encontro a nivel defensivo , sendo agresivas obtando sempre a recuperación de balón pero sempre a mente posta nas axudas defensivas, xa que é un factor fundamental para seguir co camiño marcado.

A diferencia era xa moi amplia pero os fallos de xogo colectivo a nivel ofensivo seguían a verse , dende a mala identificación dos espacios determinados para cada xogadora ata erros de inicio no xogo colectivo . Apreciacións que hai que seguir traballando para poder mellorar este tipo de accións e que poidan ser máis efectivas.

Noraboa pola victoria e agora a esperar a seguinte fase pola loita do titulo da liga prata.

Resultado final: BM Culleredo Baía Edicións 27 - BM Porriño 15.

BM Culleredo Baía Edicións(15+12): Aroa García, Sara Fernandez, Lúa Fernández, Leire Barbeito, Paula Peteiro,Carla Muiño, Maria Bescansa, Carla Corral, Claudia Soto, Lola Romero, Antía Ferreño, Rosalía Veiga e Irene Rodriguez.

BM Porriño B(6+9): Alba Sotelo, Noa Álvarez, Xiana Ferreira, Carla Martinez, iria Cuerdo, Uxía Martinez, Candela Lago, Emma Porto, Paula Sanz,Noa Montero y Candela Dominguez

Parciales cada 5`: 1-3/4-3/7-3/9-3/12-5/15-6/17-8/17-9/20-10/23-12/15-14/27-15.

Árbitra: Martina Regueiro

Incidencias: Xornada 14 da liga prata xuvenil femenina , disputada no pavillón municipal de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *