
Vibrante encontro da culleredense do Abogacía Canosa que recibían en Tarrio ao Carbónicas Landeira BM Xallas.Moita igualdade no marcador sobretodo na primeira metade onde os equipos cun sistema 6:0 a nivel defensivo estaban a dar problemas os ataques. Primeiro golpeu o equipo de Santa Comba que puxose 2 goles arriba no marcador pero as nosas cullerdenses reaccionar moi ben , o cambio de sistema defensivo a 5:1 deu un cambio de dinámica no encontro , e en 10 minutos o Abogacía Canosa daballe a volta ao marcador, para terminar a primeira metade con 2 goles por enriba do Xallas. As situacións de ataques sinxelos e continuidade costou pero deu moita efectividade e facilidade para poder ter éxito en ataque.
Resultado ao descanso : Bm Culleredo Abogacía Canosa 14- Carbónicas Landeira Bm Xallas 12.
Na segunda metade as cullerdense imprimeron máius ritmo pero con altibaixos , as situacións erran correctas pero a nivel defensivo estábamos a ter certos problemas coas axudas defensivas en momentos determinados , pese a estar por enriba do marcador con 2-3 goles de diferencia , o partido non estaba totalmente encarrilado , o Xallas loitou ata o final coas suas armas ,pero os últimos 10 minutos son os que marcan os partidos. O Abogacía Canosa tan só recibía 2 goles nese tramo de encontro, na fase ofensiva con accións de transformación dende o central estabase a conseguir moi boas accións de xogo para poder cerrar o encontro e que os dous puntos quedaran na casa.
Felicidades por volver a senda da victoria, as cousas sinxelas hai que facelas fácil, e o fácil hai que facelo ben , este debe de ser un dos lemas para poder aclarar as dúbidas na fase ofensiva para poder seguir mellorando .
Resultado final: Bm Culleredo Abogacía Canosa 30 - Carbonicas Landeira Bm Xallas 26
BM Culleredo Abogacía Canosa : Sara Bello, Cintia Miguez, Antía García, Alba Sanmartin, Adriana , Luana Gómez, Daniela Pérez, Eva Outón, Aldara Piñeiro, Thais Villaverde, Simona Seo, Aitana Gestal , Celia González, Sara Villar.
Carbónicas Landeira Bm Xallas: Aitana Rey, Noa Pose, Noelia Amarelle, Alison Caamaño, Sara Pensado, Yasmin Gonzalez, Athenea Mata, Dalia Pensando, Xiana Facal , Amanda Martinez, Isabella Sofia.
Parciales cada 5`: 2-2/4-5/6-8/9-9/11-10/14-12/17-15/22-18/22-20/15-22/27-24/30-26
Árbitra: Martina Regueira.
Incidencias: Xornada 14 da liga de prata cadete femenina disputado no pavillón municipal de Tarrío.
