
Os 2 puntos quedaron en Tarrío tras un encontro onde os ataques tiveron demasiados erros o que propiciou un resultado mui curto.
Xa dende o comezo os ataques estaban a ser estáticos e con moitos errores de pase e de lanzamento . Ante isto as defensas estaban a ter máis éxito e as porteiras dos dous equipos estarían tamén a un alto nivel .
O Cangas dispoñiase cunha defensa 5:1 onde ao Sutenor costoulle encontrar a chave para poder facer dano e poder ter éxito ofensivo , mediante circulacións dos extremos ou accíons de continuidade conseguianse boas accións pero o ataque seguía atascado por mor do xogo parado.
A nivel defensivo a defensa 3:3 estaba a crear problemas ao ataque visitante pero pasando moitas dificultades no 2x2 en golpe franco na zona central . O equipo non estaba a estar concentrado o 100% en todo o momento e isto puido pagalo moi caro se non fora polo erros dende o lanzamento de 7metros que erraba o equipo visitante.
Resultado ao descanso Bm Culleredo 10 - Bm Cangas 8.
Como iamos dicindo un resultado mui curto que aínda sería máis na segunda metade , os fallo de lanzamento seguían a ser os protagonistas neste encontro no que se chegou a errar ata 11 lanzamentos dende a liña de 7 metros. Nesta segunda parte ata 4 erros dende a liña dita errou o Sutenor. Puidose enmendar estos erros mediante o esforzo defensivo que se realizou na segunda metade onde puidose chegar a unha renta de 6 goles a favor para poder acabar o encontro con certa tranquilidade.
Moitos erros a todos os niveis que hai que seguir corrixindo e mellorando. O encontro non era nada doado xa que o rival era un dos altos da táboa e o equipo soubo competilo ata o final , isto tamén forma parte do deporte, competir xogando ben e xogando mal contra calquer equipo .
Felicidades pola victoria , dase un pasiño moi pequeno pero moi importante a nivel clasificatorio. A nivel de adestramentos tamén dar a noraboa polo esforzo que estades a realizar e as boas dinámicas que estades a ter.
Resultado final: BM Culleredo Sutenor: 18- Bm Cangas Tecnosat 14.
BM Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Aldara Allegue, Candela Tizón, Aroa Martinez, Aroa Bestilleiro, Salma Martinez, Uxía Seoane, Sofía Orge, Aitana Gestal , Celia González, Sara Villar y Noa Otón.
Bm Cangas Tecnosat: Aniela Gomez, Claudia Cruz, Erika Jimenez, Lola Fernández, Chantal Lagoa, María Sahuquillo, Carla Melón, Barbara Lagoa, Irene Gomez, Nerea Marcos.
Parciales cada 5`: 3-1/5-3/5-5/9-7/10-8/12-8/13-9/15-9/17-11/18-14
Árbitros: Martina Regueiro
Incidencias: Xornada 12 da liga de ouro infantil femenina disputado en el pabellón de Tarrío.
