Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSEGUE DOUS PUNTOS DE OURO NA SÚA FINAL PARTICULAR

(SM) BM Culleredo - Juventud Las Palmas

O BM.Culleredo, afrontaba na tarde de onte Sábado unha auténtica final ante o último clasificado da primeira nacional, o conxunto canario de Juventud Las Palmas. No seu propósito por conseguir a permanencia en categoría nacional, os cullerdenses víanse obrigados a conseguir dous puntos vitais ante un equipo que aínda non conseguíu inaugurar a súa marcadora de puntos. A primeira consigna parecía clara: afrontar o envite sen ningunha confianza e coa seriedade e concentración competitiva que requiría. Neste apartado, os cullerdenses saíron ao campo totalmente concienciados, conseguindo un 3-1 inicial esperanzador. O plan de partido pasaba por implementar un alto ritmo ao mesmo, traballando todas as transicións, tanto en contraataque como en contragol, tentando desarbolar así o repregamento dos visitantes e ir facendo efecto no menor número de rotacións das que dispoñía o rival. O dominio local foise consolidando co paso dos minutos e, salvo algún simulacro puntual de achegamento, máis por erros propios que alleos, o conxunto canario sufría as acometidas da segunda onda cullerdense. Apoiados nunha defensa intensa e funcionando de forma sobresainte en colaboración ca portería defendida por Xoán, o parcial ao termo dos primeiros trinta minutos, supoñía un impulso importante para continuar na mesma liña de traballo e tratar de certificar así a vitoria no segundo acto (15-7).
Na continuación, o conxunto insular aumentaría a contundencia na súa retagarda, buscando unha reacción que lle fixese achegarse no marcador. En ataque, o xogo 2x2 entre primeira liña e pivote, comezaba dando os seus froitos e a actuación con sete no posicional, favorecía os intereses de conseguir anotar con certa facilidade. En contra, os canarios sufrían a resposta dos de Culleredo a portería baleira, encaixando varios goles por non poder realizar o cambio a tempo, ante a velocidade e a rapidez coa que o BM.Culleredo poñía de novo o balón en xogo. Con este intercambio de golpes, sempre favorecedor aos locais pola vantaxe adquirida, continuaban pasando os minutos, para entrar no tramo final co partido virtualmente decidido a falta de dez (26-15). Un tramo no cal, o encontro entraría en terreo un tanto bronco pero onde, no plano deportivo, xa non sucederían máis situacións reseñables que puxera en perigo esta vitoria tan necesaria para o BM.Culleredo.

BM.Culleredo: 33 (15+18). Xoán Varela (P) (1), Oscar Bello (P), Adrián Veira (1), Manuel López (2), Alejandro Gómez (4), Marcos Regueiro, Pedro Pereira (3), Iago Ferreiro (2), Iván Sánchez (1), Samuel Seijas (3), Marco García (1), Nuno Loxo (5), Nico Casal (1), Darío Pérez (4), Adrián Díaz (3), Alejo Martínez (1).

Juventud Las Palmas: 23 (7+16). Josimar Martín (4), Edgar León Vásquez, José Nairobi Armas (3), Emilio Roque, Raúl Echevarría (1), Rubén De León (2), Alejandro Ortega, Robin Navarro (2), Juan Jesús Umpierrez, Rubén Rodríguez (11), Rubén Yague, Carmelo Cabrera.

Parciais cada 5´: 3-1 / 5-3 / 8-5 / 10-5 / 13-7 / 15-7 / Descanso / 17-10 / 20-11 / 22-13 / 26-15 / 30-20 / 33-23 / Final. 

Colexiados: Marcos Pérez e Mauro Montero.

Incidencias: Xornada 17ª na 1ª nacional (Grupo A). Partido disputado no pavillón de Tarrío con moitos siareiros nas bancadas e unha pequena representación de afeccionados desprazados dende Gran Canaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *