
O BM.Culleredo Salume Cocinas, visitaba na tarde de onte Sábado aos veciños do BM. Abegondo Opemat. En xogo estaba a cuarta praza da táboa clasificatoria entre dous conxuntos separados tan só por un punto. No partido de ida disputado en Almeiras, os de Abegondo conseguiran os dous puntos en xogo e os cullerdenses chegaban nesta xornada coa ambición de cambiar a historia e de paso, superar o equipo rival na táboa. Desde os primeiros minutos, o BM.Culleredo Salume Cocinas mostrou esa seriedade competitiva para entrar de forma inmellorable no envite. O 1-5 inicial evidenciaba o bo facer dos de Culleredo, que castigaban en rápidas transicións ao seu rival e atopaba espazos efectivos cara a gol no posicional, mostrando un xogo lúcido e fluído. As diferenzas continuarían aumentando a favor dun BM.Culleredo que asumía continuas rotacións para manter un ritmo alto de xogo. O 15-23 que reflectía o electrónico cando se chegaba ao tempo de descanso, supoñía unha diferenza realmente importante para afrontar a continuación.
No segundo acto, os xogadores do BM.Culleredo Salume Cocinas non darían lugar á posible sorpresa e remontada, a pesar do empuxe e a actitude encomiable do conxunto local. O dominio das diferentes fases do xogo e o control do tempo, levaría de forma inequívoca aos cullerdenses a esta importante vitoria final que ademais supón esa cuarta praza e o golaverage particular ao seu favor. Un gran partido dun conxunto que se mostrou solidario, realizando un gran traballo colectivo.
BM.Abegondo Opemat: 31 (15+16). Hugo Villar, Damián Martínez, Román Fdez, Lucas Verdemas, Teo García, Mateo Martínez, Breixo Reigosa, Roque López, Teo Fuentes, Unai Hermida, Roi Patiño, Alberto Neira, Christian Segade.
Bm Culleredo Salume Cocinas: 42 (23+19). Iago Bolaños (P), Mateo Basanta (P), Pablo Penelas, Iván Gantes, Martín Casal, Alex Soto, Teo Gómez, Jacobo García, Antón Rodríguez, Mauro Fdez, Iago Vilar, Alexis Martínez, Isaac Lorenzo.
Parciais cada 5´: 1-5 / 3-9 / -7-13 / 10-17 / 13-19 / 15-23 / Descanso / 17-26 / 19-30 / 20-34 / 24-35 / 27-39 / 31-42 / Final.
Árbitro: Jorge Sánchez e Paula Peteiro.
Incidencias: Partido correspondente á 12ª xornada da Liga Prata Cadete. Encontro disputado no pabellón de San Marcos (Abegondo), con boa afluenza de público de ambos os equipos.
