
Seguimos competindo e facémolo nunha xornada pragada de partidos na casa, con case a totalidade da sección femenina do clube xogando na casa e con encontro de máxima rivalidade.
(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS TECNOSAT BM CANGAS
Partido de altos voos onde se enfrentan o terceiro clasificado contra un Cangas que vai quinto pero ven de gañar ao cuarto clasificado, acercándose así ao Sutenor. Polo tanto será un encontro moi complicado para o Sutenor que deberá demostrar o alto nivel defensivo que leva a ofrecer toda esta tempada.
(IM) BM PONTEDEUME VS BM CULLEREDO CLIMANOSA
Segundo enfrontamento da tempada contra os eumeses, desta vez tocaralles aos nosos desprazarse na mañá do sábado para loitar por 2 novos puntos que nos manteñan na loita polos postos altos trala derrota contra o Viveiro.
(IM) BM LÍNEA 21 TRANSGALO VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA
Terceiro encontro desta volta da Liga Ouro e toca visitala pista do Línea 21, un duro rival cuxa superioridade física será sen dúbida un dos aspectos importantes. A capacidade de xerar dudas e roubar balóns en defensa por parte dos nosos será crave, sendo xunto ás axudas defensivas os aspectos máis determinantes á hora de loitar polo encontro.
(CF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS CARBÓNICAS LANDEIRA BM XALLAS
As cadetes do Abogacía veñen de dúas derrotas consecutivas e queren darlle a volta a esta dinámica, para iso terán que manter unha regularidade en todo o encontro e conseguir unha intensidade alta para poder frear o ataque do equipo rival.
(CF) CLUB BALONMANO ATLÁNTICO VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR
As lideres do grupo A, o Fisioterapia Benestar quere seguir mantendo o ritmo competitivo, o nivel defensivo será crave para comenzar o encontro. A solidaridade e o xogo colectivo serán as bases de cara a este encontro.
(CM) BM ABEGONDO OPEMAT VS BM CULLEREDO SALUME COCINAS
Saida compricada para os rapaces do Salume Cocinas, que xa perderon no encontro de ida e buscarán resarcirse neste encontro de volta. Chegan os nosos nun moi bo momento, sobre todo a nivel defensivo, donde comezamos a ser contudentes e a sentalas bases para seguir sumando puntos e loitar por estar nos postos altos da táboa clasificatoria.
(CM) BALONMANO RECONQUISTA DE VIGO VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES
Saída do BM.Culleredo Despreocúpate.es a Vigo e novo enfrontamento no que haberá que conseguir os dous puntos para continuar na loita polos postos máis altos da táboa. O rival, o Balonmán Reconquista de Vigo, ocupa a sétima posición, con 13 puntos menos con respecto aos cullerdenses, polo que será clave que estes se tomen o encontro sen confianza algunha e con total seriedade ante un equipo que posúe as súas armas para facer dano aos de Culleredo no caso de que non sexa así. O BM.Culleredo Despreocúpate.es, deberá de mellorar moito á hora de non ter altibaixos, non xogar de forma individual e anárquica e impoñer o ritmo, a seriedade, a concentración e a intensidade que require o partido. A disputa do mesmo será o Domingo ás 11:00h no pavillón do Berbés.
(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS BALONMANO PORRIÑO “B”
As nosas xuvenís teñen na súa man pasar á seguinte fase e loitar polo título de Liga Prata se gañan este sábado en Tarrío ao Porriño B.
A segunda volta espetacular das nosas xuvenís está a crear unha boa dinámica e a afición está a disfrutar destes encontros. Estas son pequenas cousas que hai que valorar moito.
(XM) VALINOX NOVÁS VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING
O Sábado as 12.30 o equipo xuvenil visita a siempre difícil pista do Valinox Novás.Os xogadores terán que amosar o mesmo nivel das xornadas anteriores se queren ter opcións de loitar polos 2 puntos.
(XM) BALONMANO RECONQUISTA DE VIGO VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR
O BM.Culleredo Remax Riazor, viaxa o vindeiro domingo a Vigo para enfrontarse ao Balonmán Reconquista de Vigo. Antóllase un partido moi complicado para os cullerdenses, un enfrontamento entre primeiro e terceiro clasificado que, en caso de vitoria do Remax Riazor, sería un paso importantísimo para conseguir ese campionato galego. O partido dará comezo ás 12:30h no pavillón do Berbés.
(SM) BM CULLEREDO VS JUVENTUD LAS PALMAS
O BM.Culleredo, afronta este próximo Sábado unha final ante o último clasificado, na pelexa por alcanzar o obxectivo de manter a categoría. Os cullerdenses non poden fallar ante un conxunto que aínda non puntuou na categoría, pero que, precisamente, a necesidade os fai máis perigosos. Actuar como locais debe de ser un factor fundamental para os de Culleredo, que volven ter o alento do seu público un mes despois. Máxima concentración e intensidade para poder acometer o envite con probabilidades de éxito e impoñer un alto ritmo ao partido, parece que serán conceptos básicos para poder alcanzar os dous puntos ao finalizar os sesenta minutos. O encontro dará comezo ás 19.30 no municipal de Tarrío.
