
Tocáballes aos rapaces do Bm Culleredo Climanosa afrontar esta fin de semana unha xornada dobre polo aprazamento do encontro fronte ao Xiria.
Comezaban a xornada co encontro do sábado en Carballo fronte ao Garaysa Xiria “C”, donde comezaban os nosos algo nerviosos e acelerados, tendo varias perdas de balón nos primeiros compases do partido. Co paso dos minutos asentábanse os nosos, que á efectividade ofensiva lle sumaban un moi bo nivel defensivo, xerando moitas dudas aos locais e dando lugar a numerosas recuperación de balón.
Na segunda parte, cun Xiria xa moi cansado pola intensidade do encontro, serían os nosos os dominadores moi claros do encontro, atopando sempre a partires do xogo sen balón á espalda do avanzado da 5:1 local a continuidade adecuada para gañala acción e finalizala superioridade acadada. Encontro moi completo dos nosos xogadores do Climanosa que conseguían finalizar cun resultado final de 24-45.
Na xornada do domingo terían que medirse os nosos a un rival moito máis duro, os rapaces do Viveiro, cuxa superioridade física respecto aos nosos é notable.
Comezaba o encontro con moita velocidade, cheo de transicións tras perda ou gol e con ataques moi rápidos pola ausencia de axudas por parte de ambos equipos, saindo como vencedor o equipo visitante que se poñía ata 4 goles por encima. Chegaba a reacción dos nosos, que con un mellor traballo defensivo conseguían condicionar aos atacantes e recuperar numerosos balóns, recortando a distancia a tan só 1 gol ao descanso.
A segunda parte do encontro foi de máxima igualdade, cun Climanosa moi solidario a nivel defensivo, pero que sufría co lanzamento exterior dos de Lugo nas situacións de golpe franco dada a diferenza de tamaño. A rápida circulación de balón e a transformación dos nosos extremos xeraba moitas dudas e cambios de opoñente na defensa visitante, que aproveitaban os nosos para penetrar polos espazos xerados.
A falta de menos de 1 minuto e co marcador empatado habería tempo morto para os visitantes, que non eran quen de superala seria defensa cullerdense e remataban lanzando nunha posición forzada e errando o lanzamento. Con pouco máis de 10 segundos de tempo e tras un tempo morto solicitado polos nosos, dispoñíamos dunha oportunidade para marcar e levarnos os 2 puntos, pero unha perda de balón e o posterior contraataque daríanlle a vitoria aos de Viveiro.
Un encontro que sen dúdiba nos aportará moitos aprendizaxes de cara ao futuro e que nos fará crecer para poder afrontar de mellor forma estas situacións.
